CMATI

|
|
|
Compartir

Proceso de participación pública

Tal e como se fixera –entre setembro e novembro de 2015- para a elaboración do Catálogo das Paisaxes de Galicia, ábrese un período de participación cidadá para a elaboración das Directrices de Paisaxe. O procedemento desenvolverase fundamentalmente a través de dous instrumentos: unha plataforma web participativa e a celebración de 50 obradoiros, un en cada comarca paisaxística.

Co obxectivo de incrementar a participación acadada no proceso de elaboración do Catálogo (durante o cal se levaron a cabo 12 obradoiros oficiais), para o desenvolvemento das Directrices realizaranse 50 obradoiros participativos, un en cada unha das 50 comarcas paisaxísticas de Galicia. Deste xeito trátase de garantir unha maior equidade espacial no proceso de participación, facilitando á poboación de todos os ámbitos territoriais o acceso a este proceso dun xeito presencial.

Estes obradoiros complementaranse coa posta en marcha dunha plataforma web participativa a través da cal calquera persoa dende calquera lugar e en calquera momento poderá aportar a súa opinión e o seu coñecemento para o deseño das directrices da paisaxe galega. Esta plataforma estará dispoñible na dirección https://sixot.es/Paisaxe a partir do xoves 25 de Febreiro.

Os obradoiros participativos teñen un dobre obxectivo: en primeiro lugar, presentar aos cidadáns os resultados do Catálogo das Paisaxes de Galicia e, en segundo lugar, traballar cos participantes de cara á elaboración das Directrices. Nesta actividade práctica os participantes poderán expresar as súas aspiracións en canto aos obxectivos de calidade paisaxística, é dicir, as súas preferencias en canto ás características paisaxísticas da súa contorna, así como a súa opinión sobre as posibles medidas de protección, planificación e xestión da paisaxe.

No obradoiro traballarase coa plataforma web, a través da cal os participantes -e calquera persoa dende a súa casa- poderán valorar os principais tipos de paisaxe da súa comarca paisaxística e elixir os tipos de paisaxe preferidos de cara á súa planificación futura. Así mesmo, a través desta web os usuarios poderán localizar puntos relevantes dende o punto de vista paisaxístico e asignarlles unha valoración, determinar os elementos que os compoñen e propoñer medidas de actuación para os mesmos.

Durante o mes de Febreiro terán lugar os seis primeiros obradoiros, que se realizarán nas seguintes localidades:

  • As Pontes. Día 25 de Febreiro ás 18:30 h na aula CeMIT da Casa do Peso.
  • Xinzo de Limia. Día 27 de Febreiro ás 10:00 h na aula CeMIT da Casa da Xuventude.
  • Verín. Día 27 de Febreiro ás 11:00 h na aula CeMIT da Casa da Xuventude.
  • Muíños. Día 27 de Febreiro ás 17:00 h na Biblioteca.
  • Celanova. Día 27 de Febreiro ás 17:00 h na aula CeMIT no Parque das Triguerizas.
  • San Sadurniño. Día 29 de Febreiro ás 18:00 h na aula CeMIT da Casa da Cultura.
  • Abegondo. Día 1 de Marzo ás 18:30 h na aula CeMIT da Casa do Concello.
  • Lalín. Día 1 de Marzo ás 18:30 h na aula CeMIT.
  • Monterroso. Día 1 de Marzo ás 18:30 h na aula CeMIT.
  • Melide. Día 3 de Marzo ás 18:30 h na aula CeMIT.
  • Cerceda. 3 de Marzo ás 18:30 h na aula CeMIT do Centro Cívico.
  • Ferrol. 4 de Marzo ás 18:30 h na aula CeMIT da Praza de España nº 2, 3º andar.
  • Allariz. 5 de Marzo ás 11:00 h na aula CeMIT da Casa da Mocidade, rúa da Liberdade nº 7.
  • Ourense. 5 de Marzo ás 11:00 h. no Centro Cívico da Ponte, rúa Euloxio Gómez nº 43.
  • O Carballiño. 5 de Marzo ás 17:00 h. na aula CeMIT, Plaza Mayor nº 1.
  • Ribadavia. 5 de Marzo ás 17:00 h. na aula CeMIT, Plaza Mayor nº 4.
  • Santiago de Compostela. 7 de Marzo ás 18:00 h. na aula CeMIT do edificio CERSIA.
  • Vigo. 7 de Marzo ás 18:00 h. na aula CeMIT da rúa Oporto nº 1.
  • A Estrada. 8 de Marzo ás 18:30 h. no Centro Multiusos, Av. Benito Vigo nº 94.
  • Triacastela. 8 de Marzo as 18:30 h. Praza da Deputación.
  • Noia. 9 de Marzo as 18:30 no Antigo Casino de Noia, rúa Rodríguez Cadalso s/n.
  • Vilagarcía de Arousa. 9 de Marzo as 18:30 h. Av. de Matosinhos nº 1.
  • Boiro. 10 de Marzo as 18:30 h. no Centro Social 1º andar, rúa Principal s/n.
  • A Fonsagrada. 10 de Marzo as 18:30 h. na Casa da Cultura, rúa Chaos.
  • A Gudiña. 12 de Marzo as 11:00 h. no Edificio Multiusos, Av. Beato Sebastián de Aparicio s/n.
  • Viana do Bolo. 12 de Marzo as 11:00 h. na Casa da Cultura, rúa Ferradal.
  • Manzaneda. 12 de Marzo as 17:00 h. rúa de Cabarca.
  • O Barco de Valdeorras. 12 de Marzo as 17:00 h. na Casa do Concello, Praza do Concello nº 2, 2º andar.
  • Corcubión. 14 de Marzo as 18:30 h. na Casa da Cultura, rúa Vicente Fraguela s/n. 
  • Pontevedra. 15 de Marzo as 18:30 h. na aula CeMIT do Edificio Administrativo da Deputación, Gran Vía de Montero Ríos s/n. 
  • Vimianzo. 15 de Marzo as 18:00 h. na aula CeMIT da Casa da Cultura, rúa A Brana s/n. 
  • Lugo. 15 de Marzo as 18:30 h. no Edificio CACTUS do Campus Universitario de Lugo.
  • Cee. 16 de Marzo as 18:30 h. na Casa do Concello, rúa Domingo Antonio de Andrade s/n. 
  • Forcarei. 16 de Marzo as 19:00 h. no CEIP Nosa Señora das Dores, rúa Maleitas s/n. 
  • Guitiriz. 17 de Marzo as 18:30 h. na aula CeMIT, rúa do Concello s/n.
  • Campo Lameiro. 18 de Marzo as 18:30 h. na aula CeMIT da Praza da Feira s/n. 
  • Castro Caldelas. 19 de Marzo as 11:00 h. na aula CeMIT, Virxe dos Remedios, O Torual s/n.
  • Monforte. 19 de Marzo as 11:00 h. na aula CeMIT, Edificio Multiusos, Ronda Urbana s/n.
  • Chantada. 19 de Marzo as 11:00 h. na aula CeMIT, rúa Ribeira Sacra s/n.
  • Arteixo. 21 de Marzo as 18:30 h. no Centro Arteixo Innovación, Avenida Arsenio Iglesias nº 45.
  • Ponte Caldelas. 22 de Marzo as 18:30 h. no CEIP Manuel Cordo Boullosa, rúa Concepción Arenal.
  • Ponteareas. 29 de Marzo as 18:30 h. no Centro de Desenvolvemento Local, Lomba do Cruceiro nº 5.
  • Carballo. 30 de Marzo as 18:30 h. no Pazo da Cultura, rúa do Pan s/n.
  • Porriño. 30 de Marzo as 18:30 h. no Multicentro de Torneiros, Ribeira s/n.
  • Tui. 31 de Marzo as 18:30 h. no Edificio Área Panorámica de Tui, rúa Colón nº 2.
  • Santa Comba. 1 de Abril as 19:30 h. no Centro Multiusos, aula CeMIT, rúa Curros Enríquez s/n.
  • A Coruña. 2 de Abril as 11:00 h. no Centro Cívico de Eirís, rúa Terranova de Eirís nº 7, 1º andar.
  • Ribadeo. 2 de Abril as 11:00 h. na aula CeMIT da Casa da Xuventude, rúa Antonio Otero nº 12, 2º andar. 
  • Mondoñedo. 2 de Abril as 11:00 h. no Centro Comarcal Mariña Central, rúa Julia Pardo Montenegro nº 13. 

Os participantes nestes obradoiros comprenderán tanto axentes convidados polo seu coñecemento da área paisaxística ou a súa actividade vinculada á xestión da paisaxe, como calquera persoa que desexe asistir e se inscriba na dirección secretaria.iet@xunta.es ou chamando aos teléfonos 981541755 / 981541756.