Convenios de colaboración subscritos polo Instituto de Estudos do Territorio no segundo cuadrimestre do ano 2012
Convenio | Importe total do convenio (€) | Data de sinatura |
Convenio marco de colaboración e cooperación entre a Federación Galega de Municipios e Provincias e a Administración xeral da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para a coordinación e intercambio en materia de información xeográfica e territorial a través do Instituto de Estudos do Territorio | Sen achega económica | 9.6.2012 |
Convenio de colaboración entre o Instituto de Estudos do Territorio (IET) e a Consellería do Medio Rural e do Mar para a preparación e seguimento do Plan director de acuicultura litoral (PDAL) | 106.493,11 € | 4.6.2012 |
Convenio de cooperación entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e do Instituto de Estudos do Territorio (IET), e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas externas dos estudantes de titulacións impartidas na Facultade de Xeografía e Historia | Sen achega económica | 8.6.2012 |
Protocolo de colaboración entre o organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio (IET) e a Fundación Eduardo Pondal para o desenvolvemento de actividades relacionadas coa protección, xestión e ordenación da paisaxe | Sen achega económica | 11.6.2012 |
Convenio de colaboración entre o Instituto de Estudos do Territorio (IET), Augas de Galicia e a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega) para o desenvolvemento dun programa de educación para a sustentabilidade dos ríos (Proxecto Ríos) e dun proxecto de custodia fluvial nos ríos Umia, Ulla e Lérez | 50.000 € | 23.7.2012 |
Acordo de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través das consellerías de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, o Instituto de Estudos do Territorio e a Real Academia Galega para a colaboración na realización de traballos sobre a toponimia e a microtoponimia de Galicia | Sen achega económica | 2.7.2012 |