CMATI

|
|
|
Compartir

Participación Pública

Para a creación dun plan de acción da paisaxe en Galicia escolleuse como zona piloto o concello de Cervantes, que reúne no seu territorio unha gran riqueza ambiental e paisaxística recoñecida por figuras como Reserva de Biosfera e Zona de Especial Conservación na Rede Natura 2000, e está catalogada dentro da gran área paisaxística Serras Orientais (comarca paisaxística Os Ancares – Courel), segundo contempla a Lei de Protección da Paisaxe de Galicia a través do seu catálogo.

Neste contexto propietarios de terras, agricultores, gandeiros e silvicultores, organizacións ecolóxicas e de custodia do territorio, expertos ambientalistas e profesores universitarios, a administración local e a autonómica, consumidores e emprendedores ... están traballando conxuntamente a través dun proceso participativo para acadar este fin, establecendo alianzas e acordos sobre as boas prácticas que deben incorporarse no plan de acción da paisaxe, tal que sirva para mellorar a eficiencia na aplicación dos fondos FEDER destinados a diminuír a perda de biodiversidade.

Froitos dos obradoiros de traballo que se están levando a cabo polo grupo de actores mencionado están emerxendo diferentes aspectos sobre os que o futuro plan de acción deberá incidir.

Desde a visión da Unión Europea un plan de acción definido e acordado a través da participación pública ten maiores garantías de ser eficaz para deter a perda de valores paisaxísticos e de biodiversidade.

Esta cooperación entre os actores territoriais inclúe o intercambio de información, o diálogo, a deliberación e a exploración de novos modelos de toma de decisións compartidas.

As etapas polas que o proceso de elaboración do plan de acción da paisaxe está transcorrendo son :

  • A conexión entre actores a través de relacións de confianza
  • O esforzo para compartir unha linguaxe e obxectivos comúns de faciliten a comunicación
  • O permitir que emerxan puntos de vista diverxentes entre axentes con diferentes intereses
  • A co-creación de liñas de acción concretas, ou boas prácticas
  • A converxencia de propostas nun plan de acción coherente
  • O compromiso de levalo a cabo en función das competencias e implicación de cada actor

     

Documento/s relacionados
  • Multi-Stakeholder Partnerships Guide "Ing" Descargar  (3.230 Kb)