CMATI

|
|
|
Compartir

Actividades

O proxecto articúlase en 4 eixos:

Actividade 1: Deseño do modelo conceptual e técnico do sistema de información para a xestión e difusión do Patrimonio Cultural da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

A lei de Patrimonio Cultural de Galicia recoñece bens materiais e bens inmateriais.

A plataforma de traballo cubrirá este amplo espectro de casuísticas permitindo:

  • A aplicación dos diferentes réximes de protección que derivan da lei
  • As diferentes actividades e utilidades que queiran desenvolverse.

Terase:

  • Un sistema normalizado.
  • Unha ferramenta sostible para o seu desenvolvemento e aplicación.

O desenvolvemento permitirá

  • Seu uso continuado e revisable.
  • A continua actualización como resultado da participación pública no proceso
  • Permitirá unha coherencia na disposición da información en toda a Eurorrexión.

Tomando como punto de partida a experiencia da administración pública galega no ámbito da dispoñibilidade dun sistema de información xeográfico corporativo, preténdese unha homoxeneización da infraestrutura de datos espaciais da Eurorrexión considerando a toponimia como elemento nuclear do patrimonio cultural para nunha segunda fase crear un catálogo con información xeoespacial do patrimonio cultural da Eurorrexión.

Accións:

Acción 1.1.- Definición do modelo conceptual do patrimonio cultural.

Acción 1.2.- Deseño da infraestrutura de plataforma de información xeoespacial para a xestión do patrimonio.

Acción 1.3.- Avaliación do modelo e ferramentas deseñadas.

Actividade 2: Patrimonio material e inmaterial: normalización, xeolocalización e difusión.

O obxectivo desta actividade:

  • A normalización, xeolocalización e difusión da toponimia.
  • A normalización, xeolocalización e difusión de bens.

Accións:

Acción 2.1.- Elaboración do documento de metodoloxía.

Acción 2.2.- Introdución de datos e xeorreferenciación.

Acción 2.3.- Poñeranse en marcha medios para:

A xestión e difusión pública

A xestión da información

As medidas de difusión pública , integrando a información co visor da capa xeorreferenciada na plataforma corporativa.

Actividade 3: Patrimonio documental da Eurorrexión: Dixitalización e difusión

O obxectivo é reforzar

  • A dixitalización do patrimonio documental colectivo transfronteirizo
  • A súa dispoñibilidade en repositorios online autonómicos, nacionais e europeos.

Para iso considerarase como punto de partida o arquivo dixital integrado construído na Xunta de Galicia.

Configurarase así na canle única de acceso ao patrimonio documental da Eurorrexión.

Accións

Acción 3.1.- Elaboración da metodoloxía para a planificación e execución de proxectos e programas de dixitalización.

Acción 3.2.- Dixitalización e carga dixital de patrimonio documental rexional transfronteirizo.

Acción 3.3.- Desenvolvemento dos medios de difusión e participación do patrimonio documental dixitalizado e dispoñible nos repositorios da Eurorrexión.

Actividade 4: Participación social e innovación na xestión patrimonial

O obxectivo:

  • Incluír a participación social como elemento transversal á execución do proxecto.
  • Xerar e experimentar, mediante diversas experiencias piloto de novos modelos de xestión e valorización do patrimonio

Accións

Acción 4.1.- Elaboración e implentación dun plan de actuación para incluír a participación social nas actividades.

Acción 4.2.- Iniciativas piloto de innovación na xestión do patrimonio cultural.

Acción 4.3.- Informe de casos de uso e boas prácticas participativas e innovadoras para a valorización do patrimonio cultural da Eurorrexión.