CMATI

|
|
|
Compartir

Subdirección Xeral de Avaliación Ambiental

A Subdirección Xeral de Avaliación Ambiental exercerá as seguintes funcións dentro do ámbito de competencias atribuídas á Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático:

  • a) A tramitación dos expedientes derivados da aplicación da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, ou norma que a substitúa.
  • b) O impulso da integración do referente ambiental nas distintas políticas sectoriais e, en particular, no proceso de programación, realización, seguimento e avaliación das accións financiadas por fondos europeos.
  • c) O apoio técnico ao exercicio por parte da persoa titular do centro directivo das funcións que ten atribuídas como autoridade ambiental de Galicia, en particular as derivadas da súa condición de membro da Rede de autoridades ambientais de España.
  • d) A xestión e o seguimento dos pactos ambientais.
  • e) As actuacións derivadas da normativa de ecoxestión, ecoauditoría e ecoetiquetaxe.
  • f) A homologación de empresas e equipamentos de avaliación de impactos e control da calidade ambiental.
  • g) A tramitación e o seguimento das autorizacións ambientais integradas.
  • h) A xestión e coordinación das actuacións derivadas da lexislación sobre calidade dos solos e, en particular, a tramitación dos procedementos sometidos á lexislación sobre solos potencialmente contaminados.
  • i) A xestión da recuperación de solos contaminados.
  • j) Aquelas que, por razón da súa competencia, se lle encomenden.
  •  

Para o desenvolvemento das funcións antes relacionadas, a subdirección xeral contará, con nivel orgánico de servizo, coas seguintes unidades:

  • Servizo de Avaliación Ambiental de Plans e Programas.
  • Servizo de Avaliación Ambiental de Proxectos.
  • Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación.