CMATI

|
|
|
Compartir

Outros plans

A información cartográfica dos plans que se entregan ao órgano ambiental no procedemento de avaliación ambiental estratéxica deberá ter un grao de detalle suficiente para poder avaliar as alternativas propostas e o cumprimento dos criterios de sustentabilidade ambiental.

A elaboración da documentación gráfica adecuarase ao indicado nas "Instrucións técnicas sobre a información xeográfica" dispoñibles nesta sección. Estas instrucións son un conxunto de especificacións técnicas coas que se pretende normalizar algúns aspectos da información, para axilizar a tramitación ambiental do plan e mellorar a súa análise territorial.

 A documentación cartográfica achegarase en formato electrónico con sinatura dixital (do/s autor/es) ou ben copia auténtica do orixinal (cos requisitos que establece o artigo 27 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións públicas).

Documento/s relacionados
  • Instrucións técnicas sobre a información cartográfica Descargar
Ligazon/s relacionadas
Contacto/s relacionados