CMATI

|
|
|
Compartir

Procedemento ordinario

Lexislación de referencia:

- Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental

- Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

 

O procedemento ordinario de avaliación ambiental estratéxica comprende as seguintes fases:

1. Solicitude de inicio

O promotor presenta ante o órgano substantivo, xunto coa documentación esixida pola lexislación sectorial, unha solicitude de inicio da avaliación ambiental estratéxica ordinaria acompañada do borrador do plan ou programa e dun documento inicial estratéxico (DIE).  

Unha vez que o órgano substantivo dea conformidade á documentación presentada remite ao órgano ambiental a solicitude de inicio, o borrador do plan e o documento inicial estratéxico.

2. Consultas previas

O órgano ambiental consultará ás administracións afectadas e ás persoas interesadas sobre a amplitude, nivel de detalle e grao de especificación que debería ter o estudo ambiental estratéxico.

3. Documento de alcance (DA)

O órgano ambiental elabora un documento de alcance no que delimita a amplitude, nivel de detalle e grado de especificación que debería ter o estudo ambiental estratéxico, e remítello ao promotor e ao órgano substantivo xunto coas respostas recibidas no período de consultas previas.

4. Estudo ambiental estratéxico (EsAE)

O promotor elabora o estudo ambiental estratéxico tendo en conta o documento de alcance. No EsAE débese identificar, describir e avaliar os posibles efectos ambientais significativos que se derivarán da aplicación do plan, así como unhas alternativas técnica e ambientalmente viables.

Tendo en conta o estudo ambiental estratéxico, o promotor elaborará a versión inicial do plan.

5. Información pública e consultas

O órgano substantivo somete a información pública e consultas a versión inicial do plan, acompañada do estudo ambiental estratéxico (o cal deberá incluír un resumo non técnico). A información pública pode realizala o promotor en lugar do órgano substantivo cando, de acordo coa lexislación sectorial, corresponde ao promotor a tramitación administrativa do plan.

6. Proposta final do plan

Tendo en conta os informes, observacións e alegacións presentados durante a fase de información pública e consultas, o promotor modifica, se é preciso, o estudo ambiental estratéxico e elabora a proposta final do plan. Debe ademais redactar un informe de participación e consultas e un documento resumo no que describa como integrou na proposta final do plan os aspectos ambientais, o estudo ambiental estratéxico e da súa adecuación ao documento de alcance, o resultado das consultas e cómo estas foron tidas en conta.

7. Declaración ambiental estratéxica (DEAE)

O órgano ambiental, unha vez que reciba o expediente de avaliación ambiental estratéxica completo, formulará a declaración ambiental estratéxica. A  declaración ambiental estratéxica é un informe preceptivo e determinante que inclúe un resumo dos principais fitos do procedemento, os resultados da información pública e das consultas, así como as determinacións, medidas ou condicións finais que deben incorporarse no plan antes da súa aprobación ou adopción definitiva.

8. Proposta definitiva do plan

O promotor incorpora no plan as determinacións recollidas na declaración ambiental estratéxica e, de acordo co previsto na lexislación sectorial, remite ao órgano substantivo a proposta definitiva do plan para a súa adopción ou aprobación.

9. Aprobación e publicidade

O órgano substantivo, se procede, adopta ou aproba o plan.

10. Seguimento

O órgano substantivo ha de realizar un seguimento dos efectos no ambiente como consecuencia da aplicación ou desenvolvemento do plan. Para elo o promotor debe remitir ao órgano substantivo, nos termos establecidos na declaración ambiental estratéxica, os informes de seguimento. O órgano ambiental participa no seguimento e pode solicitar información ou realizar as comprobacións que considere necesarias.

Prazos

Os distintos trámites do procedemento administrativo, a emisión de informes, así como o período de información pública e consultas, están suxeitos aos prazos establecidos na Lei 21/2013, de avaliación ambiental, e na Lei 9/2021, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

Órgano ambiental

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático
Edificio administrativo de San Lázaro s/n
15781 Santiago de Compostela

Promotor

Calquera persoa física ou xurídica, pública ou privada, que pretende elaborar un plan ou programa dos contemplados no ámbito de aplicación da Lei 21/2013, con independencia da administración que no seu momento sexa a competente para a súa adopción ou aprobación.

Órgano substantivo

Órgano da administración pública que ostenta as competencias para adoptar ou aprobar un plan o programa.

 

Documento/s relacionados
  • Procedemento ordinario de avaliación ambiental estratéxica Descargar
  • Fluxograma Descargar
Contacto/s relacionados