CMATI

|
|
|
Compartir

Planeamento urbanístico

A produción e presentación da documentación gráfica dos instrumentos de planeamento urbanístico deberase adecuar ao disposto nas "Normas técnicas de planeamento de Galicia", aprobadas por Orde do 2 de outubro de 2019 (DOG núm. 224, do 25 de novembro de 2019).

Entre otros aspectos, as ditas Normas técnicas regulan os criterios, formatos e contidos a ter en conta durante a elaboración dos diferentes documentos que compoñen os instrumentos de planeamento; harmonizan a estrutura e codificación dos documentos dixitais; establecen os aspectos técnicos requiridos para a elaboración da cartografía temática urbanística en soporte SIX e para o seu tratamento informático; e regulan a elaboración da base cartográfica que serva de soporte para o planeamento, cando a cartografía oficial do IET non estea suficientemente actualizada ou detallada para o ámbito afectado.

A Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo habilitou na súa páxina web un espazo  no que se pon a disposición de todas as persoas interesadas diversos arquivos e modelos normalizados que facilitan e axilizan o proceso de formulación do planeamento. 

Contacto/s relacionados
  • Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo :
    sxurb@xunta.gal

    Teléfono: 981 544 356