CMATI

|
|
|
Compartir

Lei IPPC

A Directiva 96/61/CE e a Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (Lei IPPC), establecen un novo enfoque na concepción do medio. Os aspectos máis relevantes son:

  • Introduce o concepto de mellores técnicas dispoñibles (MTD) como referencia para establecer os valores límites de emisión (VLE).
  • Establece a autorización ambiental integrada (AAI), que integra e coordina procedementos e autorizacións existentes, para o que é imprescindible a plena coordinación administrativa dos organismos implicados na súa concesión.
  • Fomenta o dialogo e o intercambio de información entre as administracións e sectores industriais.
  • Promove o principio de transparencia informativa, a través de actuacións como os rexistros PRTR e EPER e outros mecanismos de información.

A Lei IPPC desenvolveuse mediante o Real Decreto 509/2007, do 20 de abril, que considera as medidas de carácter técnico-administrativo para tramitar as autorizacións ambientais integradas das instalacións.

Modificación da Lei IPPC

O  25.01.2013 o Consello de Ministros aprobou a remisión ás Cortes Xerais do Proxecto de Lei que modificaba a Lei de prevención e control integrados da contaminación, do 1 de xullo de 2002, para a súa tramitación mediante procedemento de urxencia.

O novo texto, ademais de cumprir coa transposición parcial da nova Directiva 2010/75/UE sobre emisións industriais (DEI), revisa e modifica a lexislación sobre control e prevención integrados da contaminación, impulsa unha maior simplificación administrativa na tramitación das autorizacións ambientais integradas, introduce melloras na información e na comunicación de datos entre as Administracións e os titulares das instalacións, e mellora a información pública.

Todas as autorizacións ambientais integradas (AAI) existentes tiveron que adecuarse antes do 7 de xaneiro de 2014 á nova Directiva.