A fin de facilitar o acceso á documentación, relaciónanse a continuación os expedientes en fase de información pública, segundo o establecido no artigo 16 do Real Decreto Lexislativo 1/2016, de 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación:
- 2020-IPPC-M-145
Solicitude de modificación da autorización ambiental integrada e estudo de impacto ambiental que Sogama presenta para a construción dun novo vertedoiro de escouras no Complexo Medioambiental de Cerceda Modificación
- 2019-IPPC-M-89
Revisión da autorización ambiental integrada outorgada a José Cid y Otros, CB, para a explotación porcina de porcos de ceba situada en Prado Grande-Cortegada, concello de Sarreaus (Ourense)
- 2019-IPPC-M-68
Revisión da autorización ambiental integrada outorgada a Pérez Rúa, CB, para unha explotación de ceba de porcos situada no concello de Sarreaus
- 2019-IPPC-I-173
Estudo de impacto ambiental e solicitude de autorización ambiental integrada presentada por Granxa Xestoso, SL, para a ampliación dunha granxa de porcos no concello de Lousame (A Coruña) Nova instalación
- 2019-IPPC-M-86
Revisión da autorización ambiental integrada outorgada a Avícola Amoeiro, SC, para a explotación avícola de galiñas poñedoras situada no concello de Amoeiro (Ourense)