CMATI

|
|
|
Compartir

Ámbito de aplicación

O procedemento de avaliación do impacto ambiental de proxectos é un instrumento necesario para a preservación dos recursos naturais e a defensa do ambiente, xa que introduce a variable ambiental na toma de decisións sobre os proxectos con importante incidencia no medio.

Lexislación

O réxime xurídico aplicable á avaliación de impacto ambiental de proxectos está regulado na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, modificada por:

Lei 9/2018, de 5 de decembro, pola que se modifica a Lei 21/2013, de 9 de decembro, de avaliación ambiental, a Lei 21/2015, de 20 de xullo, pola que se modifica a Lei 43/2003, de 21 de novembro, de Montes e a Ley 1/2005, de 9 de marzo, pola que se regula o réxime do comercio de dereitos de emisión de gases de efecto invernadoiro.

Entre outras novidades a citada lei introduce a obriga para o promotor de incluir na documentación ambiental un análise sobre a vulnerabilidade dos proxectos ante accidentes graves ou catástrofes, sobre o risco de que se produzan ditos accidentes ou catástrofes, e sobre os probables efectos adversos significativos sobre o medio ambiente, en caso de ocorrencia dos mesmos (ou ben un informe xustificativo da non aplicación da inclusión deste análise)

Ámbito de aplicación

Con carácter xeral, o procedemento de avaliación do impacto ambiental aplícase a proxectos, tanto públicos como privados, que consisten en realizar obras, instalacións ou calquera outra actividade con efectos ambientais significativos.

A Lei 21/2013 distingue dous procedementos de avaliación do impacto ambiental en función do tipo de proxectos de que se trate, que son os seguintes:

A. Deben ser obxecto dunha avaliación de impacto ambiental ordinaria:

  • Os proxectos comprendidos no anexo I da Lei 21/2013.
  • Os proxectos que, presentándose fraccionados, acadan os umbrais do anexo I da Lei 21/2013 por acumulación das magnitudes ou dimensións de cada un dos proxectos considerados.
  • Calquera modificación das características dun proxecto do anexo I ou do anexo II da Lei 21/2013 que cumpre, por si soa, os umbrais establecidos no anexo I.
  • Os proxectos que foron sometidos ao procedemento simplificado e o órgano ambiental decide, no informe de impacto ambiental, sometelo ao procedemento ordinario.
  • Os proxectos que han de someterse ao procedemento simplificado pero o promotor solicita que se someta ao procedemento ordinario.

 B. Deben ser obxecto dunha avaliación de impacto ambiental simplificada:

  • Os proxectos comprendidos no anexo II da Lei 21/2013.
  • Os proxectos non incluídos no anexo I nin no anexo II que poidan afectar de forma apreciable, directa ou indirectamente, a espazos protexidos da Rede Natura 2000.
  • Calquera modificación das características dun proxecto do anexo I ou do anexo II que poida ter efectos adversos significativos sobre o ambiente. 
  • Os proxectos que, presentándose fraccionados, acadan os umbrais do anexo II mediante a acumulación das magnitudes ou dimensións de cada un dos proxectos considerados.
  • Os proxectos do anexo I que serven exclusiva e principalmente para desenvolver ou ensaiar novos métodos ou produtos, sempre que a duración do proxecto non sexa superior a dous anos.

En ambos supostos e segundo a nova redacción dada pola Lei 9/2018, de 5 de decembro, do artigo 9.1 da Lei 21/2013:

Non se realizará a avaliación de impacto ambiental regulada no título II dos proxectos incluídos no artígo 7 desta lei que se atopen parcial ou totalmente executados sen terse sometido previamente ao procedemento de avaliación de impacto ambiental, excepto en aqueles casos nos que (segundo a Disposición adicional 16ª introducidad pola citada Lei 9/2018, de 5 de decembro) como consecuencia de sentencia firme, deba levarse a cabo dita avaliación.

Nota: Para determinar en que grupo se atopa o proxecto dunha explotación gandeira haberá que calcular a súa capacidade (número máximo de prazas) segundo o indicado na Guía para o cálculo da capacidade das instalacións de gandería intensiva.

Documento/s relacionados
  • Lei 21/2013 de 9 de decembro, de avaluación ambiental. Descargar
  • Lei 9/2018 de 5 de decembro, pola que se modifica a Lei 21/2013, de 9 de decembro, de avaliación ambiental, a Lei 21/2015, de 20 de xullo, pola que se modifica a Lei 43/2003, de 21 de novembro, de Montes e a Lei 1/2005, de 9 de marzo, pola que se regula o réxime do comercio de dereitos de emisión de gases de efecto invernadoiro. Descargar
Contacto/s relacionados