CMATI

|
|
|
Compartir

Participación da inspección ambiental en Redes e Programas estatais e comunitarios

A inspección ambiental de Galicia forma parte de diversas redes a nivel nacional e internacional coa finalidade de fomentar a participación e o intercambio de coñecementos e experiencias en materia de inspección ambiental, así como a realización de proxectos de interese común.

Deste xeito e, a nivel estatal, a inspección ambiental de Galicia intégrase na Red de Inspección Ambiental (REDIA), que é un instrumento fundamentalmente técnico de cooperación e de intercambio de experiencias entre os responsables das inspeccións ambientais das Comunidades Autónomas, orientado a establecer foros de colaboración, a desenvolver proxectos de interese común e a articular a participación das Comunidades Autónomas na Red Europea de Inspección Ambiental (IMPEL).

Pola súa parte e, a nivel internacional, a inspección ambiental de Galicia intégrase na Red Europea de Inspección Ambiental (IMPEL) que é a rede da Unión Europea para a aplicación e o cumprimento da lexislación en materia de medio ambiente, constituíndo os seus proxectos a súa principal actividade.

A inspección ambiental tamén participa no programa de hermanamento denominado “Twinning” da Comisión Europea que proporciona o marco para que as Administracións públicas de países beneficiarios traballen cos seus homólogos dos Estados membros da Unión Europea.

Na actualidade, a inspección ambiental de Galicia participa xunto con institucións de medio ambiente de Holanda e Portugal, no proxecto denominado “Fortalecimiento de las capacidades administrativas a nivel central y local para la aplicación y el cumplimiento de la normativa ambiental”, sendo a institución beneficiaria a inspección ambiental da República de Macedonia.