CMATI

|
|
|
Compartir

Medidas de prevención, evitación e reparación

Nos supostos en que proceda, o operador dunha actividade económica ou profesional deberá adoptalas medidas de prevención, evitación e reparación:

  • Medidas de prevención: Aquelas que se deben adoptar como resposta a un suceso, a un acto ou a unha emisión que supuxera unha ameaza inminente de dano medioambiental, co obxecto de impedila súa producción ou reducir ó maximo dito dano.
  • Medidas de evitación: Aquelas que, xa producido o dano medioambiental, teñan por finalidade limitar ou impedir maiores danos medioambientais, controlando, contendo ou eliminando os factores que orixinaran o dano, ou facendo frente a eles de calquera outro xeito.
  • Medidas de reparación: Toda acción ou conxunto de accións, incluidas as de carácter provisional, que teña por obxecto reparar, restaurar ou reemplazar os recursos naturais e servizos de recursos naturais danados, ou facilitar unha alternativa equivalente a eles segundo o previsto no Anexo II LRM