CMATI

|
|
|
Compartir

Obrigas dos operadores de actividades económicas ou profesionais

Protocolo de actuación en caso de accidente

Sen prexuízo das obrigas que consonte á normativa de responsabilidade medioambiental corresponden aos operadores de actividades económicas ou profesionais, a Comisión Técnica de Prevención y Reparación de Daños Medioambientales, aprobou o documento “Protocolo de actuación en caso de accidentes y procedimiento de exigencia de responsabilidad medioambiental”, que pode resultar de interese aos efectos de axudar a cumprir as devanditas obrigas por parte dos operadores.

Proxectos de reparación de danos medioambientais

Aos efectos de axudar aos operadores de actividades económicas ou profesionais a cumprir, no seu caso, a obriga de presentar un proxecto de reparación de danos medioambientais, a Comisión Técnica de Prevención y Reparación de Daños Medioambientales aprobou o documento “Estructura y contenidos generales de los proyectos de reparación de daños medioambientales”.

Obrigas dos operadores de actividades económicas ou profesionais incluidas no Anexo III LRM

  1. Adoptar sen demora e sen necesidade de advertencia, de requerimento ou de acto administrativo previo, todas aquelas medidas provisionais necesarias para reparar, restaurar e reemplazalos recursos naturais e servizos de recursos naturais danados

  2. Adoptar e executalas medidas de prevención, evitación e reparación en caso de dano medioambiental ou ameaza inminente de dano medioambiental, así como sufragalos seus custes calquera que sexa a súa contía, cando resulten responsables dos mesmos

  3. Comunicar inmediatamente á autoridade competente a existencia de danos medioambientais ou ameazas inminentes de danos medioambientais derivados da súa actividade, así como as medidas de prevención e evitación que adoptara

  4. Facilitar á autoridade competente a información que ésta lle requira cando existan indicios de que vai producirse un dano medioambiental, ou respecto ós danos producidos

  5. Realizar unha análise de riscos medioambientais da súa actividade (esta obriga non será esixible ata a data que sinalen as Ordes Ministeriais)

  6. Constituir unha garantía financeira - unicamente aquelas actividades económicas ou profesionais que á súa vez se inclúen no artigo 37.2 letra a) do Real Decreto 2090/2008, na súa redación dada polo Real Decreto 183/2015  

  7. Cumprilas instruccións dadas pola autoridade competente para a adopción das medidas de prevención, evitación e reparación

  8. Recopilar ante unha ameaza inminente de dano medioambiental ou ante un dano medioambiental, a información necesaria para a mellor definición das medidas de prevención ou para determinala magnitude do dano

  9. Ante danos medioambientais, somter á aprobación da autoridade competente, unha proposta de medidas reparadoras dos danos medioambientais causados

  10. Levar a cabo o seguimento do proxecto de reparación, coa periodicidade que se determine no programa de seguimento

  11. Presentar unha vez executado o proxecto de reparación, un informe final de cumprimento

  12. Colaborar na definición das medidas reparadoras e na execución das adoptadas pola autoridade competente

Obrigas dos operadores de actividades económicas ou profesionais non incluidas no Anexo III LRM

  1. Comunicar inmediatamente á autoridade competente a existencia de danos medioambientais ou ameazas inminentes de danos medioambientais derivados da súa actividade, así como as medidas de prevención e evitación que adoptara

  2. Facilitar á autoridade competente a información que ésta lle requira cando existan indicios de que vai producirse un dano medioambiental, ou respecto ós danos producidos

  3. Cumprilas instruccións dadas pola autoridade competente para a adopción das medidas de prevención, evitación e reparación

  4. Recopilar ante unha ameaza inminente de dano medioambiental ou ante un dano medioambiental, a información necesaria para a mellor definición das medidas de prevención ou para determinala magnitude do dano

  5. Adoptar e executalas medidas de prevención e evitación en caso de dano medioambiental ou ameaza inminente de dano medioambiental, así como sufragalos seus custes calquera que sexa a súa contía, cando resulten responsables dos mesmos, e independentemente de que actuaran ou non con dolo, culpa ou neglixencia

  6. Cando actuaran con dolo, culpa ou neglixencia, ou cando non adoptaran as medidas de prevención e evitación, deberán:

    • Adoptar e executalas medidas de reparación dos danos medioambientais

    • Sufragalos custes das medidas de reparación adoptadas, calquera que sexa a súa contía, cando resulten responsables dos danos medioambientais

    • Someter á aprobación da autoridade competente unha proposta de medidas reparadoras dos danos medioambientais causados

    • Levar a cabo o seguimento do proxecto de reparación

    • Presentar unha vez executado o proxecto de reparación, un informe final de cumprimento

    • Colaborar na definición das medidas reparadoras e na execución das adoptadas pola autoridade competente