CMATI

|
|
|
Compartir

Que é a responsabilidade medioambiental?

Coa Lei 26/2007, de responsabilidade medioambiental, e co Real Decreto 2090/2008, que aproba o Regulamento de desenvolvemento parcial desta Lei, a lexislación estatal establece un réxime de responsabilidade medioambiental que será aplicable ós danos medioambientais e ás ameazas inminentes de danos medioambientais, sempre e cando procedan dunha actividade económica ou profesional.

Ante un dano medioambiental ou unha ameaza inminente de dano medioambiental, os operadores destas actividades económicas ou profesionais deberán adoptar tódalas medidas de prevención, evitación e reparación que sexan necesarias para restituir os recursos naturais ó seu estado básico.

Esta normativa establece un réxime de responsabilidade administrativa, co que será a Administración a encargada de aplicar as súas previsións

Autoridade Competente en relación a Responsabilidade Ambiental

O DECRETO 167/2015, de 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio , no capítulo IV, artígo 11 "Funciones y estrutura", no apartado 2.1" Subdirección Xeral de Coordinación Ambiental", 2.1.1. A Subdirección Xeral de Coordinación Ambiental exercerá as seguintes funcións, e entre elas a indicada no punto l): A execución da normativa de responsabilidade ambiental respecto aos análises de riscos ambientais e garantías financeiras e respecto ás ameazas inminentes de danos ambientais e/ou danos ambientais que afecten ao ámbito da Secretaría Xeral.(Actualmente a Dirección Xeral de Avaliación Ambiental e Cambio Climático).

 

Ligazon/s relacionadas
Contacto/s relacionados