CMATI

|
|
|
Compartir

EPER e Directiva IPPC

Definicións

Os rexistros de emisións son inventarios nos que se asocia a cada fonte contaminante as súas emisións para un período de tempo determinado. Deste xeito ditos rexistros constitúen ferramentas estratéxicas empregadas nas políticas e programas ambientais que permiten fomentar a mellora do comportamento medioambiental, facilitar o acceso do público á información sobre emisións e transferencias de contaminantes ou residuos fóra do emprazamento, seguir a evolución da situación, comprobar a observancia de determinados acordos internacionais, establecer prioridades e avaliar os progresos logrados por medio das políticas e programas medioambientais comunitarios, nacionais e autonómicos.

Que é o rexistro EPER?

EPER son as siglas de European Pollutant Emission Register (Inventario Europeo de Emisións Contaminantes). Os tipos de emisións recollidas en EPER son emisións á atmosfera e emisións á auga.

Porque se realiza?

A Directiva 96/61/CE de 24 de setembro de 1996 relativa á prevención e ó control integrados da contaminación (IPPC), establece no seu artigo 15 a obrigatoriedade de inventariar e subministrar información sobre os datos das principais emisións e as súas fontes responsables; para estes efectos, a Comisión publicou a Decisión 2000/479/CE, do 17 de xullo de 2000, relativa á realización dun inventario europeo de emisións contaminantes.

Este conxunto normativo se trasladouse á lexislación estatal mediante o artigo 8 da Lei 16/2002 polo que se incorpora ó ordenamento interno español a citada directiva.

taboa

O 4 de febreiro de 2006 foi publicado o Regulamento (CE) nº 166/2006, que modifica as directivas 91/689/CEE e 96/61/CE, e do que resulta a ampliación das competencias, dos controis a realizar e da información a remitir á administración. Dito Regulamento foi completado mediante o RD 508/2007, de 20 de abril (BOE n96), que engade normas adicionais sobre o subministro da información.

O RD 815/2013, de 18 de outubro (BOE Nº 251), no seu anexo V, modifica o anexo I do RD 508/2007.

Valores umbral de emisión

Os valores umbrais de emisión son os valores fixados pola Comisión Europea a partires dos cales as emisións notificadas por sustancia e por complexo poderá facerse público. A carga emitida polo complexo durante a súa actividade anual, representado en kg/ano de sustancia, será dependente das horas de actividade e do nivel de protección medioambiental do complexo. Non deben de confundirse cos valores límite de emisión establecidos na regulamentación ambiental en vigor.

Estes valores umbral no Rexistro EPER difiren dos valores no Rexistro PRTR.

A quen vai dirixido?

O EPER utilizarase como inventario público para proporcionar información medioambiental sobre as actividades industriais afectadas pola directiva IPPC, e ten os seguintes obxectivos:

  • Uso público: Chamar a atención sobre a contaminación ambiental e posibilita-las comparacións das emisións dos diferentes sectores e plantas industriais. A Comisión fará públicos os datos recollidos por cada estado membro a través de Internet.
  • Uso industrial: Incentiva-la mellora medioambiental e a innovación de procesos na industria. Os logros conseguidos pola industria traduciranse en reduccións de emisións que poderán ser demostrados có EPER.
  • Uso da Administración: Avalia-lo progreso do cumprimento de obxectivos medioambientais e establecer políticas e prioridades para reduci-las emisións, ou no seu caso eliminalas, de forma eficiente.

Publicidade dos datos

O artigo 4 da Decisión da Comisión de 17 de Xullo de 2000 relativa ó Inventario Europeo de Emisións Contaminantes (EPER) establece o seguinte respecto á publicidade dos datos validados:

  • Os Estados membros transmitirán por vía electrónica tódolos datos notificados.
  • A Comisión, asistida pola Axencia Europea de Medio Ambiente fará públicos os datos notificados mediante a súa difusión en Internet.

O organismo encargado de facer públicos os datos é a Comisión Europea aínda que o Ministerio de Medio Ambiente ou a Consellería de Medio Ambiente pode publica-los datos validados no ámbito das súas competencias.

Que información proporciona EPER?

  • Identificación das actividades potencialmente máis contaminantes de cada Estado membro.
  • Cargas contaminantes anuais á atmosfera e á auga (expresadas en kg/ano) emitidas polas actividades máis contaminantes, permitindo as consultas:
    • Por sustancia
    • Por sector industrial
    • Por localización xeográfica

Cales son as características dos datos? 

Có fin de homoxeneizar, todos os valores exprésanse en kg/ano

O valores de emisión poden ser medidos (M), calculados (C) ou estimados (E)

  • M: Dato baseado en medidas realizadas (análises) utilizando métodos normalizados e/ou aceptados
  • C: Dato baseado en cálculos utilizando métodos de estimación e factores de emisión aceptados no ámbito nacional e internacional (balances de materia, factores de emisión,etc.)
  • E: Dato baseado en estimacións no normalizadas (experiencia, opinión de expertos, etc.)

 

Instalacións afectadas pola normativa vixente

No EPER, atópanse afectadas todas aquelas instalacións que se enumeran no anexo I da Lei 16/2002. Nel están clasificadas as actividades por sector de actividade. Cada sector pode estar afectado ao completo ou en función do valor dun parámetro característico.

As normativas xa citadas na táboa 1 teñen o seu efecto sobre un conxunto de sectores que se resumen na seguintes táboas:

INSTALACIÓNS AFECTADAS POLA LEI 16/2002 (IPPC) (EPER - ata 2007)

  1. Enerxía e Refinerías de petróleo
  2. Producción e Transformación de metais
  3. Industrias mineral
  4. Industrias químicas
  5.  Xestión de residuos
  6. Industrias de papel e cartón
  7. Industria téxtil
  8. Industria do coiro
  9. Industrias agroalimentarias e explotacións gandeiras
  10. Consumo de disolventes orgánicos
  11. Industrias do carbono

Os contaminantes a declarar e controlar serán os do Anexo I da Decisión 479/2000/CE, para as emisións dos anos 2005 e 2006.

No E-PRTR, atópanse afectadas todas aquelas instalacións que se enumeran no anexo I do Regulamento (CE) nº 166/2006. Nel están clasificadas as actividades por sector de actividade. Cada sector pode estar afectado ao completo ou en función do valor dun parámetro característico.

Coa publicación no ano 2007, por parte do Estado, dos RD 508/2007 e 812/2007, o rexistro E-PRTR pasou a formar parte do ordenamento xuridico español. No seguinte ficheiro se relatan os sectores afectados e a relación coa Lei 16/2002 (pdf).

INSTALACIÓNS AFECTADAS POLO REGULAMENTO (CE) nº 166/2006 (PRTR – información no 2007 e sucesivos)

  1. Sector da enerxía
  2. Producción e transformación de metais
  3. Industria mineral
  4. Industria química
  5. Xestión de residuos e augas residuais
  6. Fabricación e transformación de papel e madeira
  7. Gandería e acuicultura intensiva
  8. Productos de orixe animal e vexetal da industria alimentaria e das bebidas
  9. Outras actividades

Os contaminantes a controlar son os que se citan no Anexo II do Regulamento (CE) nº 166/2006, e terán que ser declarados para as emisións do ano 2007 e sucesivos.

Nota: O Regulamento (CE) nº 166/2006 entra en vigor o 24 de febreiro de 2006, e será de aplicación ás emisións de sustancias contaminantes realizadas no ano 2007.

Documento/s relacionados
  • Parámetros de capacidade según sectores de actividade (formato PDF) Descargar  (807 KB)
Contacto/s relacionados
  • Subdirección Xeral de Investigación, Cambio Climático e Información Ambiental. Consellería de Medio Ambiente, Territoria e Infraestrutura : Rua Torres Quevedo. 3-5 Polígono de A Grela
    15008 - A Coruña
    Teléfono: 881 881 600