CMATI

|
|
|
Compartir

Introdución

A Directiva 96/61/CE de 24 de setembro de 1996 relativa á prevención e ao control integrados da contaminación (IPPC), establece no seu artigo 15 a obrigatoriedade de inventariar e subministrar información sobre os datos das principais emisións e as súas fontes responsables; para estes efectos, a Comisión publicou a Decisión 2000/479/CE, do 17 de xullo de 2000, relativa á realización dun inventario europeo de emisións contaminantes.

Este conxunto normativo trasladouse á lexislación estatal mediante o artigo 8 da Lei 16/2002 polo que se incorpora ó ordenamento interno español a citada directiva.

Pode ver un resumo sobre os rexistros de emisións en Galicia no tríptico Os rexistros de emisións en Galicia.

NOTA INFORMATIVA :
Rexistro e notificación dos complexos industriais: 1 de xaneiro ao 1 de abril de cada ano, a información fará referencia ao ano anterior.

Documento/s relacionados
  • O Rexistro PRTR en Galicia (formato PDF) Descargar  (3.945 KB)
Contacto/s relacionados