CMATI

|
|
|
Compartir

Subdirección Xeral de Meteoroloxía e Cambio Climático

A Subdirección Xeral de Meteoroloxía e Cambio Climático exercerá as seguintes funcións dentro do ámbito de competencias atribuídas á Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático.

  • a) A xestión dos sistemas de observación ambiental e predición meteorolóxica de Galicia e a súa difusión, sen prexuízo das competencias que correspondan á Consellería de Economía, Emprego e Industria, no ámbito de aplicación da Lei 5/1995, do 7 de xuño, de regulación das augas minerais, termais, de manancial e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • b) A participación no desenvolvemento de plans de continxencia fronte a catástrofes naturais ou antropoxénicas, sen prexuízo das competencias que neste eido corresponden á Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
  • c) O impulso, o desenvolvemento e a coordinación de iniciativas e proxectos de investigación en materia ambiental, a súa difusión e divulgación.
  • d) A coordinación e o seguimento da estratexia galega fronte ao cambio climático e, en particular, as actuacións relacionadas co cumprimento do Acordo de París.
  • e) A aplicación do réxime de comercio de dereitos de emisión de gases de efecto invernadoiro e a elaboración e seguimento de inventarios destes.
  • f) As funcións de control das redes de calidade do aire e do Rexistro Estatal de Emisións e Fontes Contaminantes.
  • g) O soporte analítico das actuacións da dirección xeral e o desenvolvemento e posta en marcha de novos métodos analíticos instrumentais.
  • h) O asesoramento e asistencia aos concellos en materia de aplicación da normativa contra a contaminación acústica de Galicia.
  • i) A realización de campañas de formación e sensibilización en materia de cambio climático e calidade atmosférica.
  • j) Aquelas que, por razón da súa competencia, se lle encomenden.

Para o desenvolvemento das funcións antes relacionadas, a subdirección xeral contará, con nivel orgánico de servizo, coas seguintes unidades:

  • Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia.