A Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación define a autorización ambiental integrada como a "resolución do órgano competente da comunidade autónoma na que se sitúe a instalación, pola que se permite, para os sós efectos da protección do medio ambiente e da saúde das persoas, explotar a totalidade ou parte dunha instalación, baixo determinadas condicións destinadas a garantir que esta cumpre o obxecto e as disposicións da lei”.
Desde un punto de vista xurídico, a autorización ambiental integrada é unha figura de intervención ambiental que se crea para a protección do medio ambiente no seu conxunto e que substitúe as autorizacións ambientais existentes ata o momento. Polo tanto, a autorización ambiental integrada ten condición de mecanismo de simplificación administrativa. Articula para iso un procedemento administrativo complexo que integra todas as autorizacións ambientais existentes relativas a: