CMATI

|
|
|
Compartir

Proxectos agroforestais

 

proxectos agroforestais

Os proxectos agroforestais sometidos a autorización ambiental integrada (grupo 9.3 do anexo I da Lei 16/2002 de 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación - IPPC) ou a avaliación do impacto ambiental, ordinaria (grupo 1.a.2 do anexo I da Lei 21/2013, de 9 de decembro, de avaliación ambiental ) ou simplificada (grupo 1.f do anexo II da Lei 21/2013) ou a avaliación da incidencia ambiental (grupo 9.3 do anexo da Lei 9/2013, de 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia) deben incluír no proxecto básico, no documento de inicio, no documento ambiental, no estudo de impacto ambiental e no documento ambiental de incidencia, segundo o caso, un plan de xestión de dexeccións gandeiras e fertilización.

Nesta páxina web pode descargar as instrucións técnicas e a folla de cálculo necesarias para elaborar o plan de xestión de dexeccións gandeiras e fertilización.

Cando se trate do proxecto dunha explotación gandeira deberase especificar o cálculo da súa capacidade (número máximo de prazas), conforme co indicado na "Instrución técnica para calcular a capacidade das instalacións de gandería intensiva". Nesta páxina web pode descargar a dita Instrución técnica.

O 21.02.2017 publicouse no Diario Oficial da Unión Europea a Decisión de execución (UE) 2017/302 da Comisión do 15 de febreiro de 2017 pola que se establecen as conclusións sobre as mellores técnicas dispoñibles (MTD) no marco da Directiva 2010/75/UE do Parlamento Europeo e do Consello respecto á cría intensiva de aves de curral ou de porcos.

As conclusións relativas ás MTD, así como as súas correspondentes revisións e actualizacións, deben constituír a referencia para o establecemento das condicións da autorización.

Nesta páxina poden descargar o documento MTD cría intensiva de aves de curral ou de porcos. Para a estimación das emisións de amoníaco e de nitróxeno retido en explotacións gandeiras, poden empregar as ferramentas que se relacionan a continuación

 

Documento/s relacionados
  • Instrucións técnicas para a elaboración do plan de xestión de dexeccións gandeiras e fertilización (formato PDF) Descargar
  • Folla de cálculo para elaborar o plan de xestión e fertilización (formato Excel) Descargar
  • Instrución técnica para calcular a capacidade das instalacións de gandería intensiva Descargar
  • MTD cría intensiva de aves de curral ou de porcos (Formato LibreOffice) Descargar