CMATI

|
|
|
Compartir

Os pactos ambientais

O pacto ambiental é a figura utilizada para definir acordos voluntarios aos que poden chegar a Administración e as entidades para planificar as melloras ambientais que se van realizar nas instalacións da empresa. O pacto ambiental permitirá tamén establecer pautas de adaptación das empresas á normativa ambiental e mesmo promover estratexias de carácter local ou comarcal como instrumento orientado á harmonización de posibles conflictos entre valores ambientais e industriais, compatibilizando as medidas correctoras co principio de viabilidade das empresas.
Mediante o pacto ambiental as empresas comprométense a realizar unha serie de actuacións nun período de tempo determinado, á vez que a Administración promove actuacións dirixidas a apoiar a obtención de axudas e/ou subvencións, así como beneficios fiscais para contribuír ao financiaciamento das melloras ambientais incluídas no dito pacto ambiental. A Administración promoverá, igualmente, actuacións dirixidas a apoiar a obtención de autorizacións de competencia doutras administracións públicas que resulten necesarias para a consecución do pacto ambiental.


Relación de pactos e convenios asinados:

 

-. PACTO AMBIENTAL ENTRE A ADMINISTRACIÓN XERAL DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA, A TRAVÉS DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO, E A EMPRESA ENCE ENERGÍA Y CELULOSA, SA (2016).

 

.- ACORDO ESTABLECIDO ENTRE A ADMINISTRACIÓN DA XUNTA DE GALICIA, A ASOCIACIÓN GALEGA DE PIZARRISTAS E OS EXPLOTADORES DE PIZARRA, EN RELACIÓN COAS CANTEIRAS DE PIZARRA ORNAMENTAL (1996)

 

.- PACTO AMBIENTAL ENTRE UNIÓN FENOSA GENERACIÓN E A XUNTA DE GALICIA EN PRODUCCIÓN HIDRÁULICA GALICIA (2000)

 

-. PACTO AMBIENTAL ENTRE A CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE E O GRUPO EMPRESARIAL ENCE (2003)

.- PACTO AMBIENTAL ENTRE A CONSELLERÍA DE MEDIOAMBIENTE E A EMPRESA UNIÓN FENOSA GENERACIÓN SOBRE PROTECCIÓN DE MEDIOA AMBIENTE. (2003)

 

.- PACTO AMBIENTAL ENTRE A CONSELLERIA DE MEDIOAMBIENTE E ALCOA INESPAL, S.A., ALUMINA ESPAÑOLA, S.A., ALUMINIO ESPAÑOL, S.A. PARA FACILITAR A ADAPTACIÓN DAS SUAS INSTALACIÓNS Á MELLORA CONTINUA MEDIOAMBIENTAL. (2004)

 

.- PACTO AMBIENTAL ENTRE A CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E A EMPRESA CEMENTOS COSMOS, S.A. SOBRE PROTECCIÓN DO MEDIOAMBIENTE. (2005)

 

.- PACTO AMBIENTAL ENTRE A CONSELLERIA DE MEDIOAMBIENTE E ENDESA, S.A. (2005)

 

.- ACORDO MARCO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E A FUNDACIÓN GAS NATURAL EN ACTUACIÓNS DE PROTECCIÓN DO MEDIO AMBIENTE. (2005)