CMATI

|
|
|
Compartir

Rede de Inspección Ambiental (REDIA)

A inspección ambiental de Galicia forma parte de diversas redes a nivel nacional e internacional coa finalidade de fomentar a participación e o intercambio de coñecementos e experiencias en materia de inspección ambiental, así como a realización de proxectos de interese común.
Deste xeito e, a nivel estatal, a inspección ambiental de Galicia intégrase na Red de Inspección Ambiental (REDIA), que é un instrumento fundamentalmente técnico de cooperación e de intercambio de experiencias entre os responsables das inspeccións ambientais das Comunidades Autónomas, orientado a establecer foros de colaboración, a desenvolver proxectos de interese común e a articular a participación das Comunidades Autónomas na Red Europea de Inspección Ambiental (IMPEL).
REDIA está integrada polos responsables da inspección ambiental das Comunidades Autónomas en razón da súa competencia neste eido, participando o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente en calidade de Secretaría.

 

 

Documento/s relacionados