CMATI

|
|
|
Compartir

Actividades económicas profesionais engadidas no anexo III

1. A explotación de instalacións suxeitas a unha autorización de conformidade coa Lei 16/2002, de 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación. Esto inclúe tódalas actividades enumeradas no seu anexo I, salvo as instalacións ou partes de instalacións empregadas para a investigación, elaboración e proba de novos productos e procesos

Igualmente inclúe calesquera outras actividades e establecementos suxeitos ó ámbito de aplicación do Real Decreto 1254/1999, de 16 de xullo, polo que se aproban medidas de control dos riscos inherentes ós accidentes graves nos que interveñan sustancias perigosas

2. As actividades de xestión de residuos, como a recollida, o transporte, a recuperación e a eliminación de residuos e de residuos perigosos, así como a supervisión de tales actividades, que estean suxeitas a permiso ou rexistro de conformidade coa Lei 10/1998, de 21 de abril

Estas actividades inclúen, entre outras cousas, a explotación de vertedoiros e a xestión posterior ó seu peche de conformidade co Real Decreto 1481/2001, de 27 de decembro, polo que se regula a eliminación de residuos mediante depósito en vertedoiro e a explotación de instalacións de incineración, segundo establece o Real Decreto 653/2003, de 30 de maio, sobre incineración de residuos

3. Tódolos vertidos en augas interiores superficiais suxeitas a autorización previa de conformidade co Real Decreto 849/1986, de 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do Dominio Público Hidráulico e a lexislación autonómica aplicable

4. Tódolos vertidos nas augas subterráneas suxeitas a autorización previa de conformidade co Real Decreto 849/1986, de 11 de abril, e a lexislación autonómica aplicable

 5. Tódolos vertidos en augas interiores e mar territorial suxeitos a autorización previa de conformidade co disposto na Lei 22/1988, de 28 de xullo, de Costas e na lexislación autonómica aplicable

6. O vertido ou a inxección de contaminantes en augas superficiais ou subterráneas suxeitas a permiso, autorización ou rexistro de conformidade co Real Decreto Lexislativo 1/2001, de 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Augas

7. A captación e o represamento de augas suxeitos a autorización previa de conformidade co Real Decreto Lexislativo 1/2001, de 20 de xullo

8. A fabricación, utilización, almacenamento, transformación, embotellado, liberación no medio ambiente e transporte in situ de:

a) As sustancias perigosas definidas no artigo 2.2 do Real Decreto 363/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento sobre notificación de sustancias novas e clasificación, envasado e etiquetado de sustancias perigosas

b) Os preparados perigosos definidos no artigo 2.2 do Real Decreto 255/2003, de 28 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre clasificación, envasado e etiquetado de preparados perigosos

c) Os productos fitosanitarios definidos no artigo 2.1 do Real Decreto 2163/1994, de 4 de novembro, polo que se implanta o sistema armonizado comunitario de autorización para comercializar e empregar productos fitosanitarios

d) Os biocidas definidos no artigo 2.a) do Real Decreto 1054/2002, de 11 de outubro, polo que se regula o proceso de avaliación para o rexistro, autorización e comercialización de biocidas

9. O transporte por estrada, por ferrocarril, por vías fluviais, marítimo ou aéreo de mercadorías perigosas ou contaminantes dacordo coa definición que figura no artigo 2.b) do Real Decreto 551/2006, de 5 de maio, polo que se regulan as operacións de transporte de mercadorías perigosas por estrada en territorio español, ou no artigo 2.b) do Real Decreto 412/2001, de 20 de abril, que regula diversos aspectos relacionados co transporte de mercadorías perigosas por ferrocarril ou no artigo 3.h) do Real Decreto 210/2004, de 6 de febreiro, polo que se establece un sistema de seguimento e de información sobre o tráfico marítimo

10. A explotación de instalacións que, estando suxeitas a autorización de conformidade coa Directiva 84/360/CEE do Consello, de 28 de xuño de 1994, relativa á loita contra a contaminación atmosférica procedente das instalacións industriais en relación coa liberación á atmósfera dalgunha das sustancias contaminantes reguladas pola directiva mencionada, requiren unha autorización de conformidade coa Lei 16/2002, de 1 de xullo, de Prevención e Control Integrados da Contaminación

11. Toda utilización confinada, incluido o transporte, de microorganismos modificados xenéticamente, dacordo coa definición da Lei 9/2003, de 25 de abril, pola que se establece o réxime xurídico da utilización confinada, liberación voluntaria e comercialización de organismos modificados xenéticamente

12. Toda liberación intencional no medio ambiente, transporte e comercialización de organismos modificados xenéticamente dacordo coa definición da Lei 9/2003, de 25 de abril

 13. O traslado transfronteirizo de residuos dentro, cara ou dende a Unión Europea suxeito a autorización ou prohibido segundo o disposto no Regulamento (CE) número 1013/2006, do Parlamento Europeo e do Consello, de 14 de xuño de 2006, relativo ó traslado de residuos

14. A xestión dos residuos das industrias extractivas, segundo o disposto na Directiva 2006/21/CE do Parlamento Europeo e do Consello, de 15 de marzo de 2006, sobre a xestión dos residuos de industrias extractivas e pola que se modifica a Directiva 2004/35/CE

15. A explotación dos lugares de almacenamento de carbono de conformidade coa Lei 40/2010, de 29 de decembro, de almacenamento xeolóxico de dióxido de carbono