CMATI

|
|
|
Compartir

Funcións da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo

A Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo exercerá as funcións inherentes á dirección, planificación, impulso, xestión e coordinación das competencias que, en materia de urbanismo, ordenación do territorio e do litoral, así como as autorizacións e os informes na zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre e no solo rústico que ten atribuídas a consellería e, en particular, corresponderanlle:

  • a) A materialización e posta en práctica da política territorial e de utilización racional do solo coa finalidade de favorecer o desenvolvemento equilibrado e sustentable do territorio; contribuír a elevar a calidade de vida e a cohesión social da poboación e protexer e potenciar o patrimonio natural e cultural, sen prexuízo das competencias atribuídas a outros órganos.
  • b) O exercicio das funcións que a Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, ou norma que a substitúa, lle atribúe á persoa titular da dirección xeral competente en materia de urbanismo.
  • c) O fomento da formación e da investigación, e a elaboración e divulgación de estudos e proxectos en materia de urbanismo, ordenación do territorio e litoral.
  • d) O fomento, seguimento e control da actividade urbanística, sen prexuízo das competencias dos municipios e o requirimento de anulación de actos de aprobación de instrumentos de plan e xestión urbanística.
  • e) O fomento da participación cidadá na formulación, tramitación e xestión do plan territorial e urbanístico.
  • f) O apoio e asesoramento necesario á Comisión Superior de Urbanismo de Galicia.
  • g) A elaboración de proxectos e anteproxectos de disposicións normativas en materia de urbanismo, ordenación do territorio e litoral.
  • h) A coordinación dos servizos territoriais de urbanismo.
  • i) A tramitación e proposta de resolución dos procedementos de responsabilidade patrimonial no ámbito das súas competencias.
  • j) As funcións inherentes á xestión económica, execución, seguimento, control e xestión da execución dos contratos administrativos e actividades de fomento no ámbito da súa competencia por razón da materia.
  • k) A xestión dos expedientes de contratación menores de competencia da dirección xeral por razón da materia.
  • l) O exercicio de calquera competencia en materia de urbanismo que a lexislación vixente atribúa á Administración autonómica, sen especificar o órgano que deba exercela.
  • m) A realización de actuacións de mellora de contornas urbanas, de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas e de equipamentos públicos que teñan por finalidade a revitalización do territorio e o reequilibrio territorial.
  • n) A emisión de informes preceptivos en materia de costas, nos supostos previstos polo artigo 24 do Decreto 158/2005, do 2 de xuño, polo que se regulan as competencias autonómicas na zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, así como o outorgamento de autorizacións administrativas na zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, segundo o establecido na Lei 22/1988, do 28 de xullo,
  • de costas, con excepción do establecido na Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, para as cortas de árbores.
  • ñ) A preparación dos informes que conforme a lexislación de carácter sectorial lle corresponda emitir ao órgano autonómico competente en materia de ordenación do territorio e urbanismo.
  • o) A análise e a proposta de informe dos expedientes de solicitude de autorización de execución de grandes establecementos comerciais sobre a súa adaptación ao plan vixente e en tramitación, para a posta en coñecemento da súa viabilidade á Comisión Consultiva de Equipamentos Comerciais.
  • p) Informe de recursos interpostos contra resolucións ditadas pola persoa titular da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo nas materias da súa competencia.
  • q) O asesoramento e a emisión de informes sobre a aplicación e interpretación da normativa vixente en materia de urbanismo.