CMATI

|
|
|
Compartir

Intervención no mosteiro cisterciense das Bernardas, Pantón

Descrición:

O proxecto ten por obxectivo a dignificación da contorna dun ben patrimonial de primeira orde: O Mosteiro Cisterciense das Bernardas, a través da posta en valor e o tratamento adecuado da rúa que dá acceso ao mesmo. Esta posta en valor levará a cabo a través da súa urbanización e adecuación do espazo adxacente ao rio e a construción da beirarrúa do lateral dereito, que virán complementar ás actuacións que xa se levaron a cabo na marxe esquerda.

As actuacións previstas nesta fase son as seguintes:

  • A realización de beirarrúas na marxe dereita da estrada, nas que se colocará un pavimento de granito similar ao xa colocado no outro lateral e unha zona de árbores.
  • A instalación de canalizacións para o futuro soterramento da instalación de electricidade, telefonía e telecomunicacións. Non se contempla a colocación o cableado, posto que se mantén a instalación aérea existente na actualidade.
  • Colocación e posta en funcionamento dunha estación depuradora para servir ás vivendas situadas na marxe dereita.
  • Conexionado de saneamento de fecais a depuradora e evacuación dos sobrantes da depuradora.
  • Na zona adxacente ao rio, procederase ao recheo do terreo a base depedraplen, cunha capa superior de terra arenosa e unha capa vexetal, para conseguir que as augas das crecidas non alaguen o prado.
  • Nova rede de saneamento de pluviais na marxe dereita da calzada, imbornales, rejillas e conexionado.
  • A colocación de luminarias na marxe dereita, completamente instaladas.
  • A reconstrución e homogenización dos muros de peche das parcelas e o sementado de céspede no espazo verde libre ata a beirarrúa.
  • A instalación para un hidrante de incendio, próximo ao mosteiro.
  • Acondicionamento dun tramo da Calzada Real.
  • Desmonte de cadros de acometida das vivendas, almacenaxe e posterior instalación no novo muro executado.
  • Mantense a calzada existente; só verase afectada unha franxa duns 30 cms, onde se colocará a rigola e os imbornales que canalizarán as augas pluviais.

Redactor/a: Iago Seara Morais

Importe do convenio: 383.265,44 €

Provincia: Lugo

Concello: Pantón

Tipo proxecto: Contorna urbana

Subir