CMATI

|
|
|
Compartir

Reurbanización da praza de Santa Mariña

Descrición:

A zona a reurbanizar atópase na zona central do grupo de vivendas Santa Mariña. O espazo confórmase como un espazo aberto ocupando a zona central da actuación no seu día promovida para a construción de casas baratas, e cunha urbanización que hoxe en día presenta unha pavimento de asfalto cun aceirado perimetral, cunha fonte é desuso o centro do núcleo, e algún mobiliario urbano.

O estado da praza pola súa antigüidade e uso demanda que se realicen obras nela de reurbanización para pór en valor este espazo, para a convivencia dos veciños.

Topográficamente atopámonos dun terreo de cota practicamente constante de 619 m, dando unha aparencia de horizontalidad, salvo as pendentes de escorrentía das augas.

Desde o punto de vista dos servizos urbanísticos a zona posúe actualmente canalizacións de rede de sumidoiros e abastecemento público por redes municipais en correcto estado de conservación polo que non son obxecto do proxecto, salvo o levantamento e axuste das arquetas e pozos de rexistro á nova urbanización, e as reposicións que sexan necesarias.

Do mesmo xeito téñense redes aéreas de telefonía e alumado público e privado, polo que non son obxecto do presente proxecto salvo que durante a execución da urbanización algún servizo quedase afectado, contemplando o proxecto a eventual reparación.

Na rede de alumado público proxéctase unha ampliación da mesma para recoller o alumado ornamental que se proxecta nos xardíns e a fonte. Deséñase tamén unha nova rede de rega por goteo para os elementos vexetais que se instalan.

Redactor/a: Manuel Vidal García

Importe do convenio: 160.523,98 €

Provincia: Ourense

Concello: Xinzo de Limia

Tipo proxecto: Contorna urbana

Subir