CMATI

|
|
|
Compartir

Subdirección Xeral de Réxime Xurídico Administrativo e de Coordinación Administrativa e da Planificación

A Subdirección Xeral de Réxime Xurídico Administrativo exercerá as seguintes funcións:

  • a) O estudo e tramitación dos anteproxectos e proxectos de disposicións de carácter xeral que elaboren os distintos centros directivos da Consellería.
  • b) O estudo, tramitación e proposta de resolución de reclamacións, recursos e requirimentos formulados contra os actos e resolucións ditados polos distintos órganos da Consellería, cando non estean atribuídos a outros órganos desta, así como a tramitación de reclamacións e recursos en materia de persoal.
  • c) A tramitación dos requirimentos e peticións formuladas á Consellería polos xulgados, tribunais, Defensor/a do Pobo, Valedor/a do Pobo e outros órganos e institucións.
  • d) O estudo e informe dos asuntos que teñan que elevarse ao Consello da Xunta de Galicia e á Comisión de Secretarios Xerais.
  • e) A coordinación dos plans, programas e estratexias que se promovan e elaboren desde a Consellería.
  • f) A interlocución cos restantes órganos da Administración pública ou coas entidades correspondentes por razón da materia, no marco da elaboración dos plans, programas e estratexias da Consellería.
  • g) A coordinación, para a súa remisión e ulterior publicación no Diario Oficial de Galicia, das disposicións e actos administrativos ditados polos órganos da Consellería.
  • h) A coordinación, mediante a elaboración de instrucións, protocolos de actuación ou calquera outro instrumento que se considere adecuado, coas unidades da Consellería que desenvolvan funcións xurídico-administrativas.
  • i) Rexistro e arquivamento das disposicións legais emanadas da Consellería, así como levar a cabo as recompilacións e refundicións das normas emanadas desta.
  • j) A tramitación dos convenios e protocolos de colaboración en que sexa parte a Consellería e non sexan competencia doutros órganos desta.
  • k) Coordinación das actuacións da Consellería en relación coas fundacións de interese galego sobre as cales esta exerza o protectorado, para cuxo efecto levará os libros de rexistro.
  • l) Elaboración de propostas de resolución daqueles procedementos cuxa resolución sexa competencia da persoa titular da Secretaría Xeral Técnica sempre que non sexa competencia doutros órganos da Consellería.
  • m) A xestión do plan de publicacións e edicións audiovisuais da Consellería e as funcións relativas á súa representación na Comisión de Publicacións da Xunta de Galicia.
  • n) En xeral, prestarlle asistencia e xestionar cantos asuntos lle sexan encomendados, por razón da súa competencia, pola persoa titular da Secretaría Xeral Técnica.