CMATI

|
|
|
Compartir

Información pública de expedientes de catalogación e descatalogación

O artigo 4.4 do Decreto 10/2015, do 22 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras establece que as solicitudes de catalogación ou descatalogación de exemplares e formacións, así como a documentación presentada con elas, someteranse ao trámite de información pública por un prazo de vinte días, para os efectos de que os interesados poidan presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

¿Como podo coñecer que expedientes de catalogación ou descatalogación de árbores ou formacións se atopan no trámite de información pública?

Premendo nesta ligazón.

¿Como podo presentar os documentos e xustificacións que considere pertinentes?

Por calquera destes procedementos:

  • A través do correo electrónico, á conta dxpn.cmot@xunta.gal
  • Mediante fax, enviado ao número 981957106
  • Por escrito, remitido á Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, San Lázaro s/n. 15781, Santiago de Compostela.