CMATI

|
|
|
Compartir

Cytisus insularis (Cytisus insularis)

Descrición

Arbusto con ramas anguladas. Non presenta follas trifolioladas, o que a diferencia doutras especies. Cáliz levemente piloso. Flores hermafroditas polinizadas por insectos. A dispersión realízase por dehiscencia explosiva, moi probablemente favorecida polas formigas (mirmerocoria). O froito é un legume aplanado e viloso.

Demografía

A poboación desta especie na illa de Ons parece ser estable, mentres que a poboación da illa Vionta parece estar en regresión.

Hábitat

O seu hábitat prioritario son os acantilados costeiros. Outro tipo de hábitat que coloniza son os solos de antigos cultivos abandonados.

Distribución

Endemismo da costa atlántica de Galicia (illas de Ons (Pontevedra) e Vionta (A Coruña)). As dúas únicas poboacións que se coñecen están incluídas no LIC Complexo Ons-O Grove e no P. Nacional das Illas Atlánticas.

Estado de conservación

As achegas de sales debido a temporais persistentes parece que afectan negativamente ás súas poboacións. A poboación da Illa de Ons, aínda que parece estable, estaba ameazada por procesos de urbanización, mentres que a Illa Vionta está moi deteriorada pola acción dos temporais e a competencia con outras especies.

Categoría de conservación

En perigo de extinción.
 

Nome común Cytisus insularis Nome científico Cytisus insularis Clase Plantas superiores Familia Leguminosae

Documento/s relacionados
Subir