CMATI

|
|
|
Compartir

Eryngium viviparum (Eryngium viviparum)

Descrición

Planta acuática bienal de pequeno tamaño que vive somerxida ata 9 meses ao ano. Presenta roseta basal de follas linear-lanceoladas e de bordo denticulado. Talos con ramificación dicotómica. Inflorescencias con 6-9 flores. Estames amarelos que sobresaen da corola. Froitos globosos.

Demografía

Habita lugares moi específicos. Prodúcese perda de localidades, polo que hai grandes descontinuidades na súa distribución; isto parece estar relacionado cunha progresiva redución dos seus efectivos poboacionais.

Hábitat

Vive en planicies e depresións de substrato arxiloso sometidas a encharcamento temporal (clima atlántico).

Distribución

Endemismo atlántico presente no NO ibérico. As poboacións galegas localízanse principalmente no interior da provincia de Lugo (Terra Chá) e Ourense, das cales só cinco se atopan baixo algunha figura de protección.

Estado de conservación

A maior ameaza é por perda de hábitat, aínda que o taxon tamén está ameazado pola presión humana e gandeira.

Categoría de conservación

En perigo de extinción.

Nome común Eryngium viviparum Nome científico Eryngium viviparum Clase Plantas superiores Familia Umbelliferae

Documento/s relacionados
Subir