Considérase como zona de especial protección dos valores naturais (ZEPVN) aqueles espazos dos que, polos seus valores ou interese natural, cultural, científico, educativo ou paisaxístico, sexa necesario asegura-la súa conservación e non teñan outra protección específica.
Nestas áreas poderanse seguir levando a cabo de maneira ordenada os usos e as actividades tradicionais que non vulneren os valores protexidos. Para o resto das actuacións, incluíndo a realización de edificacións, será precisa a autorización da Consellería de Medio Ambiente.
Decláranse como Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais os espazos naturais da Rede Natura 2000.
Declaradas ZEPVN segundo o Decreto 72/2004, do 2 de abril.
Declaradas ZEPVN no Decreto 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados espazos como Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais. A ZEPA “Pena Trevinca” foi declarada coma ZEPVN no Decreto 131/2008, do 19 de xuño, e a ZEPA “A Limia”, segundo o Decreto 411/2009, do 12 de novembro.