A extinción de especies é un fenómeno natural que ocorreu desde o inicio da evolución da vida no planeta. Porén, a taxa de desaparición á que se enfrontan actualmente as especies é cada vez maior, sobre todo a causa das actividades humanas, situación á que non é allea Galicia.
Co obxecto de poñer freo a esta situación, a Directiva Aves (79/409/CEE) e a Directiva Hábitats (92/43/CEE), aparte de definir uns listados de especies para o seu mantemento nun estado de conservación favorable, integran a conservación de especies nunha rede ecolóxica Europea de espazos denominada "Natura 2000". Por outra banda as administracións públicas estableceron os Catálogos de especies ameazadas, como instrumentos que recollen aquelas especies de flora e fauna que presentan algún tipo de ameaza para a súa supervivencia, e para ás que as medidas de protección van máis alá da súa mera protección en termos xerais e a conservación xenérica de espazos. Deste xeito as devanditas medidas concrétanse na elaboración de Plans de xestión adaptados ás necesidades biolóxicas particulares de cada unha das especies catalogadas.
En España, o Ministerio competente en Medio Ambiente desenvolveu mediante o Real Decreto 139/2011, do 4 de febreiro, o actual Catálogo Español de Especies Ameazadas xunto co Listado de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial.. No que atinxe a Galicia, a Xunta de Galicia regulou o seu propio catálogo de especies ameazadas mediante o Decreto 88/2007, de 19 de abril.
¿Que criterio taxonómico se segue nos catálogos?
Os catálogos de especies ameazadas non se limitan a incluír estritamente especies nas súas categorías, senón que son tamén de aplicación ás subespecies ou ás poboacións de fauna e flora silvestre que se encontran nunha situación de ameaza. A finalidade é preservar as diferenzas na ecoloxía de poboacións que puideron dar lugar a cambios na súa morfoloxía, ciclo vital ou comportamento, e que poden asociarse con variacións xenéticas.
As categorías de ameaza
Actualmente o Catálogo galego de especies ameazadas desenvolve as seguintes categorías de ameaza:
Os plans de recuperación e conservación de especies ameazadas
O Catálogo galego de especies ameazadas, co fin de mellorar a situación das especies ameazadas presentes no noso territorio, contempla a elaboración de:
Ditos plans de xestión, naqueles supostos en que dúas ou máis especies ameazadas coexistan nun mesmo tipo de hábitat e requiran a adopción de medidas análogas de conservación ou protección ou ben existan razóns ecolóxicas que así o aconsellen, poden agruparse en Plans integrais.
Os plans de recuperación e conservación se aproban como Decreto da Xunta de Galicia, contemplan as medidas que se deben adoptar para a protección e o manexo da especie e dos seus hábitats e un plan de seguimento para avaliar a efectividade destas medidas. Para elo, os plans de xestión deben de partir do grado de coñecemento da situación da especie e desenvolver, ou no seu defecto propoñer, os traballos necesarios para xerar a información necesaria sobre os seguintes apartados sobre os que sustentarán as medidas propostas: