CMATI

|
|
|
Compartir

Gatafornela (Circus cyaneus)

Descrición

Ave de rapina de tamaño medio. O macho, cando é adulto, ten a plumaxe agrisada clara nas partes superiores, cabeza, papo e peito. Parte ventral completamente branca, como o sobrecú. Ás longas e anchas, coas puntas negras. Cola longa e algo ancha.

A femia ten as partes superiores de cor castaña escura, máis claras as inferiores e sobrecú branco. Partes ventrais densamente pencadas de cor arroibada.

Reprodución

Son monógamos e constrúen un niño no chan, entre xestas e toxos. A femia incuba 4-5 ovos durante un mes, a comezos da primavera.

Alimentación

Come roedores e paxaros.

Hábitat

Prefire zonas de certa altitude, con zonas de matogueira densa.

Distribución

Vese, sobre todo, a partir de marzo, e especialmente na metade leste do país. Hai individuos que invernan en marismas de lagoas costeiras.

Estado de conservación

A súa principal ameaza reside na destrución e alteración do seu hábitat por motivo do desecamento das marismas e estuarios, dos cambios na agricultura e a transformación dos pasteiros en plantacións de eucaliptos.

Categoría de conservación

Vulnerábel.

Nome común Gatafornela Nome científico Circus cyaneus Clase Aves Familia Accipitridae

Documento/s relacionados
Subir