CMATI

|
|
|
Compartir

Autorización para a realización de eventos con animais de compañía

De acordo co artigo 14 da Lei 4/2017, do 3 de outubro, de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia, a realización de eventos con animais de compañía deberá ser obxecto de autorización previa ao seu desenvolvemento, outorgada pola consellaría competente en materia de protección animal, cos requisitos e segundo o procedemento que regulamentariamente se establezan, sen prexuízo de calquera outra autorización que sexa preceptiva.

En todo caso, deberase dispoñer dun espazo axeitado no que poidan atenderse aqueles animais que precisen asistencia veterinaria e dun equipamento básico, co material imprescindible, para estabilizar e trasladar o animal a un centro veterinario axeitado cando se requira.

As solicitudes de autorización para a realización destes eventos serán presentadas por quen os organice cunha antelación mínima dun mes previa ao seu desenvolvemento, e deberanse acompañar dunha memoria cos aspectos que se determinen regulamentariamente.

A persoa organizadora deberá responsabilizarse de que todos os animais participantes cumpren cos requisitos que regulamentariamente se establezan para cada especie.