CMATI

|
|
|
Compartir

Autorización para a tenza de aves de rapina en catividade

O artigo 29 da Lei 4/2017, do 3 de outubro, de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia establece que a tenza de aves de rapina en catividade requirirá, sen prexuízo das normas nacionais e internacionais que lle sexan aplicables, obter previamente a autorización administrativa outorgada pola consellaría competente en materia de protección animal, cos requisitos e segundo o procedemento que regulamentariamente se establezan.

Todos aqueles exemplares de aves de rapina que dispoñan da autorización mencionada no punto anterior deberán estar identificados individualmente con microchip ou anel, sen prexuízo de calquera outro sistema de marcaxe que se poida establecer regulamentariamente, e inscribirse na sección correspondente do Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía (Regiac).

Para o caso das especies incluídas no Catálogo galego de especies amezadas, de acordo co artigo 12 do Decreto 88/2007, do 19 de abril, polo que se regula o Catálogo galego de especies ameazadas, para que se entenda autorizada a posesión será condición necesaria que o posuidor poida acreditar de maneira que faga fe a orixe legal dos exemplares, mediante factura de compra ou documento de cesión dun criador autorizado, certificado CITES (Convención sobre o Comercio Internacional de Especies Ameazadas de Fauna e Flora Silvestres) se procede, certificado expedido polo órgano competente da comunidade autónoma de orixe ou calquera outro medio que o acredite.