CMATI

|
|
|
Compartir

09 - Augas de Galicia - Sanidade, Dirección Xeral de Saúde Pública

Os departamentos implicados na sustentabilidade territorial, neste grupo técnico de traballo, son Augas de Galicia - Sanidade, Dirección Xeral de Saúde Pública. O grupo conta coa presenza da Secretaría Xeral de Avaliación Ambiental como órgano ambiental  e do Instituto Galego de Estatística, membros permanentes dos GTT, co obxectivo de validar o sistema de indicadores en coherencia coas obrigas establecidas no proceso de avaliación ambiental e na procura de acadar a oficialidade dos datos xerados. No que se refire o Instituto de Estudos do Territorio (IET) este asume o papel de coordinación, poñer as ferramentas e facer as propostas obxecto de estudo e validación no seo dos GTT, co fin de elevar a Comisión de Seguimento para a súa aprobación.

Cabe subliñar que este sistema de seguimento da sustentabilidade territorial lévase a cabo a través de tres ferramentas: os indicadores de desenvolvemento e implantación (IDI); os indicadores de sustentabilidade territorial (IST) e a enquisa de percepción territorial e urbanística (EPTU).

Neste grupo técnico de traballo, ademais dos indicadores de desenvolvemento e implantación (IDI), desenvolvéronse os seguintes indicadores de sustentabilidade territorial (IST), pertencentes ao bloque Metabolismo e subloque Ciclo hídrico: 

  • Calidade das augas de baño
  • Variación do estado das masas de auga
  • Risco de asolagamento

As sesións de traballo celebráronse de acordo ao estipulado no Artigo 8. 2 do Decreto 156/2012, do 12 de xullo, polo que se crea a Comisión de Seguimento das Directride de Ordenación do Territorio de Galicia, levantándose acta de cada unha delas.

 

Documento/s relacionados
  • Enquisa de Percepción Territorial e Urbanística (EPTU) (formato PDF) Descargar  (1.388 KB)