CMATI

|
|
|
Compartir

13 -Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo

O departamento implicado na sustentabilidade territorial, neste grupo técnico de traballo, é a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo. O grupo conta coa presenza da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático como órgano ambiental  e do Instituto Galego de Estatística, membros permanentes dos GTT, co obxectivo de validar o sistema de indicadores en coherencia coas obrigas establecidas no proceso de avaliación ambiental e na procura de acadar a oficialidade dos datos xerados. No que se refire o Instituto de Estudos do Territorio (IET) este asume o papel de coordinación, poñer as ferramentas e facer as propostas obxecto de estudo e validación no seo dos GTT, co fin de elevar a Comisión de Seguimento para a súa aprobación.

Cabe subliñar que este sistema de seguimento da sustentabilidade territorial lévase a cabo a través de tres ferramentas: os indicadores de desenvolvemento e implantación (IDI); os indicadores de sustentabilidade territorial (IST) e a enquisa de percepción territorial e urbanística (EPTU).

Neste grupo técnico de traballo, definíronse os seguintes indicadores desenvolvemento e implantación (IDI) pertencentes ao bloques Ordenación do territorio e Planificación urbanística:

  • Número de Plans territoriais integrados en elaboración e aprobados que desenvolven o modelo territorial das DOT
  • Porcentaxe de superficie ordenada segundo un Plan territorial integrado
  • Número de Programas coordinados de actuación desenvolvidos
  • Número de Plans sectoriais en elaboración ou aprobados que desenvolven o modelo territorial das DOT
  • Número de PXOM aprobados que desenvolven o modelo territorial das DOT ou en elaboración
  • Porcentaxe de PXOM aprobados que desenvolven o modelo territorial das DOT ou en elaboración
  • Porcentaxe de superficie con PXOM aprobados que desenvolven o modelo territorial das DOT ou en elaboración
  • Desenvolvemento urbanístico

Pertencentes aos indicadores de sustentabilidade territorial (IST), bloque Ocupación do territorio e subloques Usos do solo, Distribución-dispersión e Intensidade, desenvolvéronse os seguintes: 

  • Índice saturación
  • Fragmentación urbana
  • Crecemento previsto
  • Proximidade aos núcleos de carácter fundacional
  • Dinámica urbanística
  • Superficie de vivenda en solo urbano e de núcleo rural

As sesións de traballo celébranse de acordo ao estipulado no Artigo 8. 2 do Decreto 156/2012, do 12 de xullo, polo que se crea a Comisión de Seguimento das Directrices de ordenación do territorio de Galicia, levantándose acta de cada unha delas.

Documento/s relacionados
  • Enquisa de Percepción Territorial e Urbanística (EPTU) (formato PDF) Descargar  (1.388 KB)