O Plan de seguimento das Directrices de ordenación do territorio de Galicia e da sustentabilidade territorial (Decreto 176/2013, do 21 de novembro) establece unha metodoloxía de traballo e un procedemento cos departamentos implicados, co obxecto de dar a coñecer periodicamente información contrastada que permita facer unha prospectiva e así poder manter ou corrixir as políticas e actuacións na Comunidade Autónoma de acordo cos obxectivos formulados nas DOT.
O contido do Informe describe a situación e evolución dos distintos parámetros analizados, organizados en áreas de estudo. A análise abórdase dende as tres ferramentas de avaliación que inclúe o plan; os indicadores IDI, IST e a Enquisa de Percepción Territorial e Urbanística (EPTU).
Cos resultados conseguidos elaborouse o quinto Informe de Seguimento (Informe), aprobado pola Comisión de seguimento o 26 de febreiro de 2019, que se estrutura nos seguintes epígrafes e anexos:
Presentación
Introdución
Desenvolvemento das DOT e da sustentabilidade territorial
1. Cumprimento e eficacia das Directrices de ordenación do territorio
2. Indicadores:
2.1. Indicadores de desenvolvemento e implantación (IDI)
2.2. Indicadores de sustentabilidade territorial (IST)
3. Síntese
Anexos
Anexo I. Traballo desenvolvido GTT/ Valoración e tendencia dos indicadores