CMATI

|
|
|
Compartir

Guia de Boas Prácticas de Intervención en Sistemas Praia-Duna

A guía de boas prácticas de intervención en sistemas praia-duna é a resposta desde o Goberno Galego ao sentir que existe na sociedade sobre a necesidade de dotar dun instrumento de consenso, capaz de establecer as regras de xogo desde as que superar os desaxustes entre un aproveitamento do litoral e os valores naturais e culturais que albergan as nosas costas e moldean a nosa sociedade.

A guía será útil, tanto para os concellos e as demais administracións como para as oficinas que proxectan o planeamento e para todos os axentes que interveñen no litoral.

Nas últimas décadas, este límite terra-mar sufriu presións de diversa natureza que provocaron ameazas e disfuncións que comprometían os seus valores ambientais e, polo tanto, identitarios e culturais.

Esta guía concíbese co propósito de divulgar a riqueza destes medios naturais, para propor métodos e técnicas de conservación ou restauración eficaces, promovendo unha cultura sensible aos valores singulares dos nosos areais que guíe o noso comportamento á hora de actuar neles.

O Plan de Ordenación do Litoral de Galicia, que obtivo o recoñecemento das Nacións Unidas como “boa práctica”, marca as liñas de traballo a seguir para as actuacións nas nosas costas. Este manual materializa unha destas liñas, ofrecendo un compendio de solucións para as actuacións nos sistemas praia-duna.

Este documento forma parte da colección Paisaxe Galega. Nesta colección pretendemos dar cabida a outras formas de facer as cousas, poñendo sobre a mesa as preguntas que nos temos que facer cando actuamos sobre o territorio. Neste caso, a necesidade faise moito máis acusada por tratarse dunha zona como o litoral galego, de gran riqueza ambiental, patrimonial e social, sometido, como temos dito, a importantes ameazas.

Documento/s relacionados
  • Guia de Boas Prácticas de Intervención en Sistemas Praia-Duna Descargar  (123,894 Mb)