CMATI

|
|
|
Compartir

11 - Secretaría Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático

O departamento implicado na sustentabilidade territorial, neste grupo técnico de traballo, é a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, que xunto co Instituto Galego de Estatística (IGE) son membros permanentes do GTT, cos obxectivos de validar o sistema de indicadores en coherencia coas obrigas establecidas no proceso de avaliación ambiental e na procura de dar oficialidade aos datos alfanuméricos e cartográficos xerados respectivamente. No que se refire o Instituto de Estudos do Territorio (IET) este asume o papel de coordinación, poñer as ferramentas e facer as propostas obxecto de estudo e validación no seo dos GTT, co fin de elevar a Comisión de Seguimento para a súa aprobación.

Cabe subliñar que este sistema de seguimento da sustentabilidade territorial lévase a cabo a través de tres ferramentas: os indicadores de desenvolvemento e implantación (IDI); os indicadores de sustentabilidade territorial (IST) e a enquisa de percepción territorial e urbanística (EPTU).

Neste grupo técnico de traballo desenvolvéronse os seguintes indicadores de sustentabilidade territorial (IST), pertencentes ao bloque Metabolismo, subloques Ciclos de materiais, Atmóstera e cambio climático: 

  • Xeración de residuos urbanos
  • Recollida selectiva bruta
  • Dotación de puntos limpos
  • Emisións de gases efecto invernadoiro (GEI)
  • Numero de certificacións en vigor con sistemas de xestión ambiental integrada
  • Instalacións con autorización ambiental integrada

As sesións de traballo celebráronse de acordo ao estipulado no Artigo 8. 2 do Decreto 156/2012, do 12 de xullo, polo que se crea a Comisión de Seguimento das Directrices de ordenación do territorio de Galicia, levantándose acta de cada unha delas.

 

Documento/s relacionados
  • Enquisa de Percepción Territorial e Urbanística (EPTU) (formato PDF) Descargar  (1.388 KB)