CMATI

|
|
|
Compartir

Grupos técnicos de traballo (GTT)

Ao amparo da Comisión de Seguimento das Directrices de ordenación do territorio de Galicia, como soporte técnico para o desenvolvemento das funcións desta comisión, creáronse os grupos técnicos de traballo (GTT), nos que cada departamento con competencias de alcance territorial, terá un papel protagonista na validación e consenso das proposicións que o IET faga, tanto para as DOT, como para os restantes instrumentos de ordenación do territorio. Este traballo dos GTT resultará de vital importancia, posto que os resultados do sistema de seguimento para cada ámbito competencial son responsabilidade do departamento de que se trate. Nestes GTT, participarán, ademais, o órgano ambiental (OA) responsable da Avaliación ambiental estratéxica e o órgano estatístico, Instituto Galego de Estatística (IGE).

En todos eles se traballaron tanto os indicadores de desenvolvemento (IDI) e de sostibilidade (IST), coma a proposta de enquisa de percepción territorial e urbanística (EPTU).

En canto aos IDI, o plan de seguimento considerou que ademais dos sinalados na Memoria ambiental das DOT, poden ser obxecto de ampliación con outros de análogas características e funcións, atendendo ás accións que as administracións públicas, en virtude das súas competencias, poidan desenvolver. Por iso, os distintos departamentos con incidencia territorial son consultados sobre as actuacións que poidan estar a levar a cabo neste sentido. Froito disto, establecéronse os seguintes IDI:

  • Número e porcentaxe de Plans territoriais integrados en elaboración e aprobados que desenvolven o modelo territorial dasDOT.
  • Número de Plans sectoriais en elaboración e aprobados que desenvolven o modelo territorial das DOT.
  • Número de Plans xerais de ordenación municipal en elaboración e aprobados que desenvolven o modelo territorial das DOT.
  • Porcentaxe de Plans xerais de ordenación municipal en coherencia coas determinacións das DOT.
  • Porcentaxe de superficie con PGOM adaptado ás DOT.
  • Transformación urbanística a través de instrumentos de planificación e/ou de ordenación

No que se refire aos IST, indícanse de forma pormenorizada, para cada un dos GTT, os distintos indicadores desenvolvidos.

En canto á Enquisa de Percepción Territorial e Urbanística (EPTU), os distintos GTT fixeron as súas achegas para a súa análise, estudo e posterior integración, de ser o caso, na "Enquisa Estratéxica de Fogares" (EEF).

Para a elaboración do Informe do Plan de seguimento das DOT e da sustentabilidade territorial, creáronse dezasete grupos técnicos de traballo.

GTT01

Instituto Galego de Estatística (IGE)

GTT02

Dirección Xeral  de Patrimonio Cultural

GTT03

Axencia de Turismo de Galicia

GTT04

Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral

GTT05

Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

GTT06

Secretaría Xeral Técnica. Consellería de Medio Rural

GTT07

Dirección Xeral  de  Enerxía e Minas

Instituto Enerxético de Galicia (INEGA)

GTT08

Axencia para a  Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)

GTT09

Augas de Galicia

Sanidade (D. X. de Saúde Pública)

GTT10

Dirección Xeral de Patrimonio Natural

GTT11

Secretaría Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

GTT12

Dirección Xeral  de Emerxencias e Interior

GTT13

Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo

GTT14

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)

GTT15

Dirección Xeral  de Mobilidade

GTT16

Ente Público Portos de Galicia

Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)

GTT17

Dirección Xeral  de Comercio e Consumo

 

 

Ligazon/s relacionadas