CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Subvencións para a adapción do planeamento urbanístico

Por medio de sucesivas ordes, dende a asunción de competencias en materia de urbanismo por parte da comunidade autónoma, fóronse establecendo as bases reguladoras da concesión de subvencións aos concellos de Galicia para a redacción de instrumentos de planeamento urbanístico.

As razóns que motivaron a promulgación destas ordes continúan estando presentes na actualidade. Así, segue a ser necesaria a adaptación de boa parte do planeamento urbanístico á Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sucesivamente modificada: pola Lei 15/2004, do 29 de decembro; pola Lei 6/2007 de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia e pola Lei 6/2008, do 19 de xuño, de medidas urxentes en materia de vivenda e solo; así como pola Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002, que establece a obriga de adaptar os plans xarais de ordenación municipal en tramitación, que non acadesen aínda a súa aprobación provisional, ás determinacións contidas nesta lei. Por outra parte, os concellos interesados na redacción dun plan xeral de ordenación municipal teñen notables dificultades para afrontar o esforzo orzamentario que implica o cumprimento desa finalidade.

Estas ordes de subvencións teñen por obxecto establecer as bases que regulan a convocatoria e a concesión das subvencións que poida conceder a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. No relativo ao procedemento de concesión, debe poñerse de manifesto a inexistencia de concorrencia competitiva, posibilidade esta expresamente prevista polo artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, dado que non se parte da comparación das solicitudes recibidas, senón do obxecto e finalidade da subvención solicitada e do cumprimento por cada concello solicitante dos requisitos establecidos para obter a correspondente subvención.