CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Elaboración de disposicións de carácter xeral

En cumprimento do disposto no artigo 9 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, procédese a publicar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas a relación dos procedementos de elaboración de disposicións administrativas de carácter xeral que están en curso, indicando o seu obxecto e estado de tramitación, coa posibilidade de que a cidadanía poida remitir as súas suxestións.

En calquera momento anterior ao trámite de audiencia ou, de ser o caso, ao informe final da secretaría xeral, as persoas, individualmente ou por medio das asociacións que as agrupen ou representen, poderán remitir suxestións relativas a aqueles proxectos que as afecten. As proposicións, suxestións ou recomendacións recibidas teraas en conta o órgano encargado da redacción do texto do proxecto, que poderá asumilas ou rexeitalas e elaborará un informe final no cal recibirán unha resposta razoada, agás as de recoñecida e notoria urxencia, que poderán ser comúns para todas aquelas suxestións que formulen cuestións substancialmente iguais.

A presentación de propostas non atribúe, por si mesma, a condición de persoa interesada no procedemento.

O previsto anteriormente non substitúe o trámite de audiencia pública nos supostos en que sexa preceptiva de acordo coa normativa de aplicación.

Especificamente en materia de disposicións de carácter xeral relacionadas co medio ambiente, a participación do público na elaboración destas disposicións atenderá igualmente ao disposto nos artigos 16 e 18 da Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de medio ambiente, polo que, á marxe de publicarse estas disposicións nesta páxina web, as observacións e opinións do público formuladas de acordo co disposto nos parágrafos anteriores se lles remitirán aos correspondentes órganos xestores para a súa valoración no informe final.