CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Participación pública

Axúdenos a mellorar achegando as súas observacións e suxestións de carácter técnico ambiental

A participación pública é un elemento fundamental na avaliación ambiental, dando oportunidade aos cidadáns para que contribúan na elaboración de proxectos que poidan afectar o ambiente e na decisión da súa viabilidade.

As administracións públicas afectadas, o público interesado e o público en xeral poden formular, no prazo que corresponda a cada tipo de trámite, as observacións e suxestións de carácter ambiental (con contenido técnico e razoado) que estimen oportunas para determinar, no procedemento de Avaliación Ambiental:

  • se un proxecto, sometido ao procedemento simplificado de avaliación do impacto ambiental, ten ou non efectos ambientais significativos, dentro do prazo de 20 días establecido segundo o texto consolidado da Lei 20/2013. (AIA simplificada)
  • o alcance que debería ter o estudo de impacto ambiental dun proxecto sometido ao procedemento ordinario de avaliación do impacto ambiental. (Alcance do EsIA)
  • aportacións á avaliación dun proxecto sometido ao procedemento ordinario de avaliación do impacto ambiental en período de información pública mediante anuncio no DOG, dentro do prazo de 30 días establecido segundo o texto consolidado da Lei 20/2013. . (IP AIA ordinaria)

As observacións e suxestións de caracter ambiental (non alegacións) formularanse por calquera das seguintes vías:

  • A través do formulario informático habilitado nesta páxina web
  • Mediante o rexistro electrónico da Xunta de Galicia.

En calquera dos medios empregados deberá identificarse quen formula as observacións ou suxestións (nome da unidade administrativa, ou nome do colectivo, ou nome e apelidos da persoa), facilitando tamén os datos de contacto.

Para consultar os proxectos que teñen aberto o prazo de participación pública, prema nesta ligazón