CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Procedemento

 1. Solicitude

Toda persoa física ou xurídica que pretenda desenvolver unha actividade comprendida no anexo da Lei 9/2013 deberá solicitar ao órgano ambiental a emisión de declaración de incidencia ambiental.

Xunto co escrito de solicitude deberá achegar a seguinte documentación:

  • Proxecto técnico redactado por técnico/a competente na materia, de ser o caso (cando se trate dunha explotación gandeira haberá que indicar a súa capacidade, número máximo de prazas, segundo o método de cálculo previsto na Guía para o cálculo da capacidade das instalacións de gandería intensiva).
  • Memoria descritiva da actividade
  • Xustificante do ingreso da taxa administrativa.

NOTA: no suposto de modificación substancial dunha actividade previamente autorizada, a solicitude e a documentación anexa deben referirse á parte ou partes da actividade afectada/s pola modificación. Incluirase na documentación un relatorio da actividade realizada na actualidade, o volume total de consumos e a produción total obtida coa modificación.

2. Período de consultas

Tras a presentación da solicitude, o órgano ambiental consultará as administracións públicas afectadas e simultaneamente inserirá a memoria presentada na páxina web institucional da consellaría de medio ambiente co fin de que as persoas interesadas poidan formular observacións ou alegacións en relación coas repercusións ambientais da actividade.

Incompatibilidade urbanística
Se o concello emitise informe de non compatibilidade da actividade co planeamento urbanístico, o órgano ambiental ditará resolución motivada que poña fin ao procedemento e arquivará as actuacións.

3. Emisión da declaración de incidencia ambiental

O órgano ambiental emitirá a declaración de incidencia ambiental que proceda e establecerá, de ser o caso, as medidas preventivas, correctoras ou de restauración que se deben observar na implantación, desenvolvemento e cesamento da actividade.

A declaración de incidencia ambiental deberá emitirse no prazo máximo de dous meses desde a presentación da solicitude. Se se supera o citado prazo, a declaración entenderase favorable e a persoa solicitante quedará vinculada polas medidas preventivas, correctoras e de restauración recollidas na memoria presentada coa solicitude.

A declaración de incidencia ambiental pon fin á vía administrativa e seralles notificada á persoa solicitante, ás persoas interesadas que formulasen alegacións e ao concello onde se prevexa implantar a actividade.

A declaración ten efectos vinculantes para a autoridade municipal.

4. Vixilancia e seguimento

Sen prexuízo das competencias atribuídas á Administración autonómica, correspóndelle ao concello a vixilancia e o seguimento do cumprimento das condicións establecidas na declaración de incidencia ambiental.

 

NOTA: réxime transitorio

Todas as solicitudes de licenzas e de autorizacións presentadas antes da entrada en vigor da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia réxense pola normativa de aplicación no momento en que se solicitaron (Decreto 133/2008), sen prexuízo do cumprimento en todo momento das condicións técnicas que poidan afectar a seguridade das persoas e os bens ou a convivencia entre a cidadanía. Os interesados e as interesadas poderán optar entre continuar co procedemento ou desistir deste e acollerse ao previsto na Lei 9/2013.

TAXAS:

Consultar o seguinte enlace.

Documento/s relacionados
Contacto/s relacionados
  • CMATI – Xefatura Territorial da Coruña - Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental : Rúa Vicente Ferrer, 2 – 5º andar (novos ministerios)
    15008 - A Coruña
    Teléfono: 981 184 461 / 981 184 447
  • CMATI - Xefatura Territorial de Lugo - Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental : Ronda da Muralla, 70
    27071 - Lugo
    Teléfono: 982 294 889 / 982 294 592
  • CMATI - Xefatura Territorial de Ourense - Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental : Rúa do Paseo, 18
    32003 - Ourense
    Teléfono: 988 386 142
  • CMATI - Xefatura Territorial de Pontevedra - Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental : Rúa Fernández Ladreda, 43
    36003 - Pontevedra
    Teléfono: 986 805 389 / 986 805 386