CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Compostos orgánicos persistentes (COP)

Os Compostos Orgánicos Persistentes (COP's polas súas siglas en inglés), son químicos moi estables que se xeran na industria química ou se producen de xeito non intencional a partir de certas actividades do home (procesos de combustión ou xeración de electricidade, entre outros). Os COP's caracterízanse por ser compostos de alta toxicidade, resistentes á degradación natural, de alto potencial para bioacumularse e gran capacidade para trasladarse distancias considerables.

Representan unha lista bastante extensa, onde a maioría teñen en común na súa composición dous elementos, o cloro e o carbono, que son coñecidos co nome de organoclorados. A súa utilización é moi variada, desde o seu uso como pesticidas -entre eles algúns tan populares como o DDT, o lindano, ou o mirex- ou produtos como os PCBs, pirorretardantes haloxenados ou organoestaños. Non todos estes compostos xéranse de forma intencionada na industria, algúns deles aparecen como subprodutos non desexados procedentes de procesos industriais, como as perigosas dioxinas e os furanos. 

Os efectos dos COP´s na saúde e o medio ambiente: 

Polo seu carácter tóxico, os COP's están ligados a unha serie de efectos nocivos á saúde humana, como trastornos conxénitos, dano ao sistema inmunolóxico e respiratorio, problemas reprodutivos, desordes de índole sexual, períodos de lactación humana máis curtos e mal funcionamento endócrino. Outros síntomas da exposición nociva aos COP's sobre a saúde humana inclúen alerxias, hipersensibilidade, dano ao sistema nervioso, desordes neurolóxicos de comportamento e desenvolvemento, perda da curta memoria e cancro. A Organización Mundial da Saúde (OMS), a través da súa Axencia Internacional para a Investigación do Cancro, considera a moitos dos COP's como potenciais carcinóxenos humanos.

Os COP's mostran unha alta persistencia no medio ambiente debido a que presentan unha resistencia á degradación por procesos naturais.

De acordo ao Convenio de Estocolmo, a persistencia destes compostos determínase mediante a evidencia da vida media do produto químico en auga por máis de dous meses ou a vida media en terra ou sedimentos por máis de seis meses.

Ademais deles, a enfermidade máis grave á que estamos expostos polo consumo excesivo de carnes ou outros alimentos graxos contaminados con COP´s, é o cancro.

Os seres vivos en etapa de xestación son os máis vulnerables aos efectos tóxicos dos COP´s: os contaminantes pasan da nai ao feto a través da placenta e logo, nunha etapa posterior, a través do leite.  

Actuacións sobre o problema

 A Comunidade Internacional deu pasos importantes establecendo marcos lexislativos para a regulación e control dos COP.

O primeiro instrumento xurídico internacional vinculante sobre COP foi o Protocolo sobre Contaminantes Orgánicos Persistentes, do Convenio de Xenebra de 1979, adoptado en Aarhus (Dinamarca) en 1998. Baseado neste protocolo o Programa de Naciones Unidas para el Medio Ambiente (PNUMA) iniciou a negociación do Convenio de Estocolmo sobre Contaminantes Orgánicos Persistentes, que se asinou en maio de 2001 e entrou en vigor o 17 de maio de 2004. Tras presentar a ratificación o 28 de maio de 2004, o convenio entrou en vigor en España o 26 de agosto de 2004.

O Convenio establece a prohibición do uso intencional dos COP que se mencionan no anexo A, as restricións ao uso dalgúns COP para os que pode haber exencións identificados no anexo B e as medidas a tomar para minimizar as emisións non intencionais das sustancias identificadas no anexo C.

A Unión Europea (UE), da que España forma parte desde o 12 de xuño de 1985, ratificou tamén o Convenio e adopta o Regulamento 850/2004 sobre COP, que ten por obxecto establecer un marco xurídico común para levar a efecto as disposicións do Convenio de Estocolmo e do Protocolo sobre Contaminantes Orgánicos Persistentes, do Convenio de Xenebra de 1979.

A aplicación do Convenio de Estocolmo e do Regulamento 850/2004 representa en España unha oportunidade para a creación dun sistema transparente, incluinte e participativo na eliminación dos COP. Ambos, Convenio de Estocolmo e Regulamento 850/2004, aseguran a coordinación e a coherencia con outros tratados anteriores.