CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Illa de Ons

Código ZEPA

ES0000254

Data de declaración

19 de abril de 2001.

Instrumentos de planificación

Plan director da Rede Natura 2000. Decreto 37/2014

Superficie

924 ha.

Concellos

Bueu.

Situación

Pertencente á provincia de Pontevedra, sitúase fronte á boca da ría do mesmo nome.

Outras figuras de protección

  • Zona Especial de Conservación ''Complexo Ons-O Grove'', ZEC ES1140004; 7.607 ha.
  • Parque Nacional “Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia”, 8.333 ha.
  • Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN) “Complexo Ons – O Grove”, de 7.608 has e “Illa de Ons”, de 924 has.
  • Área OSPAR “Illas Atlánticas de Galicia”, Convenio para a protección do medio marino do Atlántico do nordés

A área correspóndese totalmente coa IBA 002 “Illas de Ons e Onza”, incluída no inventario de SEO/BirdLife (2012).

Avifauna

Importantes colonias de aves mariñas repartidas por todo o arquipélago, con gaivota patiamarela, Larus michahellis, e corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis). Presenza primaveral de gaivota escura (Larus fuscus), aínda que sen confirmar a cría. O arao (Uria aalge), pode que nidificase ata anos recentes. Entre as aves mariñas non nidificantes, á parte de grandes cantidades de gaivotas patiamarelas e corvos mariños cristados, importante dormitorio invernal de corvo mariño grande (Phalacrocorax carbo), grandes concentracións estivais de furabuchos balear (Puffinus mauretanicus) en augas perimetrais e considerable paso migratorio e estacionamento de mascatos, palleiras, carráns, etc. Entre a avifauna non mariña de cantil, destaca a presenza en calidade de nidificantes, aínda que en moi baixo número, de falcón peregrino (Falco peregrinus), pomba das rochas (Columba livia), andoriñón real (Apus melba), choia (Pyrrhocorax pyrrhocorax), gralla pequena (Corvus monedula) (núcleo costeiro máis importante), e corvo común (Corvus corax). Por outra parte, a dispoñibilidade de áreas cultivadas, matogueiras e arboredo determinan que a avifauna terrestre de Ons sexa a máis variada de todas as illas galegas, con arredor de 50 especies nidificantes e numerosos migrantes.

Documento/s relacionados
  • Información ambiental, valoración e zonificación do espazo natural. Anexo IV Espazos da Área Litoral Descargar
Subir