CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Abetouro (Botaurus stellaris)

Descrición

Ave de hábitos crepusculares, de tamaño grande e aspecto repoludo, con partes superiores acastañadas, moi apencadas e raiadas de negro ou pardo escuro. As partes ventrais son máis claras. Ten un píleo negro e unha raia negra nas meixelas. Patas e bico longos e de cor verde.

A súa conduta ao sentirse asustado é adoptar unha postura erguida, vertical e estática, co pescozo moi estirado.

Reprodución

Especie polígama. Constrúe o niño nunha especie de balsa feita con carrizos situados dentro das masas de auga nas que residen. A femia é a encargada de incubar de 3 a 6 ovos.

A poboación reprodutora de España está dispersa e fragmentada, con poucas localidades entre as que Galicia está por confirmar. Esta especie criou na lagoa de Antela (Ourense) ata principios do século pasado, pero a caza e a perda de hábitat motivaron a súa extinción. As ribeiras do Louro (Pontevedra) e as lagoas de Baldaio e Valdoviño son os lugares onde a cría recente da especie é posible, en base á presenza de machos cantores, aínda que non está confirmada.

Alimentación

Come, sobre todo, peixes pequenos, anfibios, pequenos vertebrados e algúns invertebrados acuáticos.

Hábitat

Lagoas e zonas húmidas con abundantes masas de carrizos onde se esconde.


Distribución
No país é posible observalo nos meses de outono e inverno, e moi esporadicamente no verán.

Aparece en zonas húmidas con extensas canaveiras de auga doce ou salobre.

Estado de conservación

As principais ameazas de conservación son a destrución e mala xestión do hábitat e reprodución, a caza incontrolada e a contaminación das augas.

Categoría de conservación

En perigo de extinción.

Nome común Abetouro Nome científico Botaurus stellaris Clase Aves Familia Ardeidae

Documento/s relacionados
Subir