CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Ameixa perlífera de río (Margaritifera margaritifera)

Descrición

Trátase dun molusco bivalvo doceacuícola de gran tamaño (ata 15 cm de lonxitude). O seu mecanismo de reprodución implica unha fase parasita das branquias de peixes como o salmón ou a troita.

Alimentación

Na súa dieta constan todo tipo de microorganismos planctónicos de auga doce, especialmente microalgas. Non son selectivos.

Hábitat

Ríos de augas moi limpas e claras, con correntes non demasiado fortes. Prefire as augas pobres en calcio e limos. Entérrase en gravas, area e rochas. Os exemplares adoitan encontrarse en pozas naturais da beira dos ríos en que vive.

Distribución

Especie que se distribúe no continente europeo, presentando as mellores poboacións en Rusia. Na península Ibérica, Galicia acolle as mellores poboacións da especie, nos tramos superior e medio de ríos de augas limpas das provincias de Pontevedra, A Coruña e Lugo, aínda que chega ata Asturias.

Estado de conservación

Conservar ou mellorar os ríos onde se localizaron as poboacións de M. margaritifera e os seus peixes hospedadores. Control da eutrofización e prohibición da recolección, control do uso recreativo da auga e xeración de zonas de reserva integral que manteñan as condicións naturais do seu hábitat. Podería pensarse a reintrodución das especies de peixes hospedadores, así como da propia Margaritifera. Altamente necesario o seguimento das súas poboacións.

Categoría de conservación

En perigo de extinción.

Nome común Ameixa perlífera de río Nome científico Margaritifera margaritifera Clase Moluscos Familia Margaritiferidae

Documento/s relacionados
Subir