CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Campanula adsurgens (Campanula adsurgens)

Descrición

Planta herbácea, perenne, con varios talos de follas alternas algo dentadas e palmatinervadas. Flores en forma de campá, con cinco lóbulos e de cor malva.

Reprodución

Florece en xuño-agosto. Entomófila.

Hábitat

Paredes calcarias pouco soleadas, a calquera altitude.

Distribución

Endemismo da cordilleira Cantábrica. En Galicia só se encontra nas calcarias de Lugo e Ourense (sectores lucense-ancarés e ourensán-sanabrés).

Estado de conservación

A principal ameaza é a súa restrinxida área de distribución.

Categoría de conservación

Vulnerábel.

Nome común Campanula adsurgens Nome científico Campanula adsurgens Clase Plantas superiores Familia Campanulaceae

Documento/s relacionados
Subir